As Asociacións de Familias do Alumnado de Oleiros, xunto a Adolescencia Libre de Móbiles e o programa Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción, invitaron á comunidade educativa de Oleiros a un faladoiro intitulado «MEDRAR CON PANTALLAS NON É IGUAL A PROGRESO» o 12 de marzo ás 16:30h no auditorio do centro municipal de A Fábrica de Perillo. O acto contou igualmente coa presenza da Concelleira de Educación de Oleiros.
Con este debate na comunidade educativa de Oleiros buscouse reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado.
Contouse para iso con dúas persoas do programa “Escola Saudable” (escuelasaludable.org) de Ecoloxistas en Acción: Xulio Carmona (enfermeiro de drogodependencias retirado, especialista en saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas) e Menchu Outón (veterana docente de secundaria no ensino público).
As relatoras Identificaron mitos do proceso hiperdixitalizador baseándose nos consensos e alertas científicas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde física e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorítmicas de enxeñería social.
Informouse do cambio de paradigma proposto, entre outras, pola Asociación Española de Pediatría (AEP) cando, ante a «nova evidencia científica» deste “problema de saúde pública”, recomenda dende decembro de 2024 CERO pantallas até os 6 anos e menos de 1 entre 7-12 anos e menos de 2 horas a partir dos 13 anos, incluído o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone. Explicarase igualmente por que os e as pediatras exhortan dende abril de 2025 ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen pantallas nas aulas.
Achegaronse pautas concretas, encamiñadas a postergar o uso de pantallas en menores, e de como crear pactos de familia nesa liña (https://www.pacto.adolescencialibredemoviles.es/).
Repartíronse e mostrose material da campaña “Escola saudable”, como a guía en imaxes do ilustrador e humorista gráfico galego Kiko Da Silva (‘Medrar con pantallas non é progreso’), orientacións prácticas para as familias sobre SMARTPHONE e ADOLESCENCIA , o folleto de apoio á exposición itinerante da campaña escolar e os vídeos da campaña (ver abaixo 2 de eles).
Ver ANPA Biduerio, Asociación de Familias de Alumnado do CEIP Luís Seoane, ANPA Valle Inclán, Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Rabadeira, ANPA Miguel Hernández, AFA Nós Oleiros.
Ver vídeo de 10 minutos de parte da intervención de Menchu Outón a favor do pacto familiar e os pactos de familias:
Ver galería de fotos:
EDUCAR ES SEMBRAR ATENCIÓN
LAS TECNOLOGÍAS QUE USAMOS EN LA ESCUELA SON INSOSTENIBLES
Ver posicioanmento posterior do Concello de Oleiros sobre o anteproxecto de lei de educación dixital de Galicia: https://www.oleiros.org/-/o-concello-denuncia-os-efectos-devastadores-da-lei-de-educaci%C3%B3n-dixital-para-os-nenos-e-nenas-galegos
Ver tamén:
OLEIROS – Faladoiro: Medrar con pantallas non é igual a progreso























