Ver vídeo da sesión impartida por Rafael San Miguel Carrasco (Doutor en Intelixencia Artificial) o 26 de febreiro no Centro GaiásTech a iniciativa de Adolescencia Libre de Móviles (ver convocatoria en: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/toxicidade-dixital-e-o-seu-impacto-nos-nosos-fillos-e-fillas)
Ver nova convocatoria deste relatorio o vindeiro mércores 11 de marzo en Santiago de Compostela organizada polo ANPA de CEIP Cardeal Quiroga Palacios.

Sabemos realmente cómo funcionan as contornas dixitais que consomen os nosos fillos e fillas? ¿Son as redes sociais e a IA ferramentas neutras ou están deseñadas para captar a súa atención a calquera prezo?
O vindeiro *mércores 11 de marzo*, o C.E.I.P. Cardeal Quiroga Palacios convídavos a unha sesión imprescindible para entender a realidade dixital á que se enfronta a mocidade. Contaremos coa presenza de *Rafael San Miguel Carrasco*, Doutor en Intelixencia Artificial, quen nos axudará a desgranar o funcionamento de algoritmos e plataformas dende unha mirada experta pero, realista.
«TOXICIDADE DIXITAL E O SEU IMPACTO NAS NOSAS CRIANZAS»
🎙️ *PONENTE: Rafael San Miguel Carrasco* (Doutor en Intelixencia Artificial)
🗓️ *DATA: MÉRCORES 11 DE MARZO de 2026*
📍 *LUGAR*:Biblioteca do centro.
⏰*HORA*: 17.00 h. (ata 18.30)
*Nesta sesión analizaremos*:
📱 *Contornas dixitais*: Como funcionan as redes, as plataformas e a IA.
🧠 *Sistemas non neutros*: Como os *algoritmos* captan a súa atención e xeran hábitos.
📉 *Impacto real*: Consecuencias no benestar, a atención e o desenvolvemento.
🏠 *Claves no fogar*: Criterios prácticos dende unha mirada *realista e non culpabilizadora*.
🤝 *Proposta de pacto social: Atrasar o primeiro smartphone ata os 16 anos*. A unión das familias é a nosa mellor ferramenta.
Organiza: ANPA / Dirección do C.E.I.P. Cardeal Quiroga Palacios
(Entrada libre ata completar aforo)






















