-
Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción presentou á Federación de ensino da CIG as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital elaboradas conxuntamente con familias e docentes de Adolescencia Libre de Móbiles e a Asociación Educación Activa.
-
O voceiro de Escola Saudable mostrou á Laura Arroxo, secretaria nacional da CIG-ensino, os mitos tecnolóxicos detectados na proposición de lei, que, lonxe dos criterios científicos e das recomendacións das sociedades científicas coas que colaboran, desprotexen a infancia e mocidade nos eidos da aprendizaxe, saúde e privacidade.
-
Laura Arroxo coincidiou en que unha lei desta trascendencia, que regula as pantallas e a IA nas aulas, non pode aprobarse sen atender ás alertas de sociedades científicas do eido da saúde e paneis de persoas expertas, e sen a participación activa do profesorado e as familias.
O 18 de setembro, Xulio Carmona, voceiro de Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción, presentou á secretaria nacional da federación de ensino da CIG, Laura Arroxo, as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia (elaboradas xunto a Adolescencia Libre de Móbiles e a Asociación Educación Activa). Ditas consideracións identifican os mitos tecnolóxicos que sustentan dito proxecto de lei, e desprotexen as persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …), nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía que parten dos efectos negativos coñecidos:
Desprotección na aprendizaxe: se informes, como os PISA dende 2006 até 2025, mostran claramente peor rendemento académico a maior uso de pantallas na aula, paneis de persoas/institucións expertas desvelan como a introdución precoz de pantallas nos menores diminúe a concentración, a memoria de traballo, a lecto-escritura, o desenvolvemento da linguaxe, a calidade das aprendizaxes -máis superficiais e acríticos-; así como compite (rouba oportunidades) coas interaccións humanas necesarias na maduración e a aprendizaxe profunda.
Desprotección no neuro-desenvolvemento: retraso na linguaxe e psicomotor, menor desenvolvemento cognitivo e coeficiente intelectual, dificultade na xestión emocional e no desenvolvemento da autorregulación, menor volume cerebral en áreas clave -temporal, parietal, frontal-, deterioro da memoria de traballo e aumento da impulsividade, hiperactivación do sistema límbico, dificultade no desenvolvemento do control de impulsos, deterioro da atención sostida.
Desprotección na saúde mental (condutas adictivas, depresión, ansiedade, problemas de concentración, baixa autoestima, trastornos alimentarios, alteracións do sono, pensamentos / prácticas suicidas…) e física (obesidade, risco cardiometabólico, fatiga visual, miopía, peores habilidades motoras, alteracións musculoesqueléticas,…).
A voceira dos e das docentes da CIG, foi tamén informada da incompatibilidade do proxecto de Lei de Educación Dixital coas recomendacións da Asociación Española de Pediatría (AEP), asumidas na actualidade por, ao menos, 17 sociedades científicas da medicina e da psicoloxía: nada de pantallas até os 6 anos, sen chegar a 1 hora de uso de pantallas ao día entre 7 e 12 anos, ou a dúas horas a partir dos 13 anos (incluído o horario escolar), postergar o primeiro smartphone e o acceso a redes sociais até os 16 anos, e educar no dixital (e preparar para un mundo dixital) sen introducir ao alumnado como usuario de dispositivos, redes nin plataformas.
O voceiro de Ecoloxistas en Acción subliñou que a innovación no eido educativo (e na protección das persoas menores) atópase nunha desescalada dixital nas aulas, non na introdución disruptiva de pantallas nunha poboación infantoxuvenil, máis vulnerábel a súa fascinación adictóxena e o roubo da atención. Mostrou como metodoloxías sen pantallas favorecen, en maior medida, o desenvolvemento do pensamento computacional e da competencia dixital dende unha perspectiva crítica e reivindica as escolas como refuxios libres da omnipresenza das pantallas, onde prime o analóxico e se potencien metodoloxías activas, investigativas e participativas.
Desprotección ambiental: o informe técnico de Ecoloxistas en Acción xa mostrou en 2025 como o modelo de sustitución de libros de texto e material impreso por tablets disparou o impacto ambiental dun centro escolar, al multiplicar por 80 las emisiones de CO₂, que chegarian a 160 ao sumar o impacto dos centros e tráfico de datos, sen contar coa pegada hídrica e extractivista asociada.
Desprotección da privacidade do alumnado: o proxecto de lei en vez incentivar a migración progresiva ao software libre de sistemas operativos e ferramentas dixitais, e formas reais de control da privacidade en plataformas, segue a permitir no ensino os servizos dixitais das grandes compañías tecnolóxicas, incompatíbeis coa a privacidade. “O propio uso do paquete ofimático de Microsoft usado nas aulas, xa foi desautorizado recentemente pola Autoridade de Protección de Datos austríaca por rastrexar ilegalmente ao alumnado e non dar acceso total á información recompilada”.
Xulio Carmona subliña a “sordeira” da Xunta ao actual coñecemento científico: Adolescencia Libre de Móbiles, “Escola Saudable” de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa, subliñan, nos informes entregados á Federación de ensino da CIG, do cambio de paradigma e a desescalada dixital xa iniciada nos países nórdicos pioneiros na dixitalización (Suecia, Finlandia, Dinamarca e Noruega), seguidos, en diferente grao, por outros países europeos, ou en diferentes Estados de EE.UU (actualmente en 5 e 10 en proceso, co apoio de familias, sindicatos docentes e apoios transversais nos seus respectivos parlamentos). Así como da aposta clara de prohibir o acceso á IA ás aulas en primaría (no caso de paises como Noruega) ou áte 8º grado (como no caso do Concello de Nova York).
Este cambio de paradigma tamén comezou no Estado español, onde a comunidade catalá comezou xa no curso anterior a retirar as pizarras dixitais dá etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a cántabra (orde autonómica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (currículos escolares), tamén propoñen a retirada nesta etapa. Comunidades autónomas como a madrileña ou a catalá reverten a introdución de dispositivos dixitais individuais (DDI) até a ESO ou até 6º de primaria, respectivamente. O tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando segundo a etapa, de 1 a 2 horas/día na comunidade murciana, entre 2-4 horas en primaria e 2-4 horas/día en secundaria na comunidade aragonesa, e, no caso dos dispositivos dixitais compartidos (DDC), entre 1 ou 2 horas á semana na comunidade madrileña no eido do ensino primario.






















