O 9 de setembro presentamos as reivindicacións de Adolescencia Libre de Móbiles, Escola saudabel de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa no Paralamento galego ás deputadas do BNG, María Cristina Fernández Davila e Saleta Chao Rivas.
No encontro facilitamos e explicamos as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia que identifican os mitos tecnolóxicos que sustentan dito proxecto de lei, e desprotexen as persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …), nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía, nin atende aos criterios de protección aos menores que veñen de aprobarse en paises como Noruega ou cidades coma Nova York no veto da IA nas aulas (nas clases de primaria e até 8º grado respectivamente).
Coa nosa presenza (familias, profesionais sanitarios, docentes e ecoloxistas) seguemos perseverando cara a introducir, no debate no Parlamento Galego, ás voces das recomendacións científicas silenciadas e non atendidas no Proxecto de Lei de Educación dixital.
Grazas a María Cristina Fernández Davila e Saleta Chao Rivas polo encontro e a escoita!

Ver tamén:
Comezamos en Galicia unha roda de entrevistas con grupos parlamentarios e axentes sociais
Desprotección da infancia e mocidade coa lei de educación dixital de Galicia.






















