Lema co que iniciamos unha nova fronte de intervención no ámbito escolar, atendendo ao proceso de hiperdixitalización que vai impregnando todos os ámbitos de vida, no contexto de urxencia planetaria no que vivimos.
A actual 4ª revolución industrial, publicítase, a modo de espellismo, como “verde e dixital”, inocua, inmaterial e sostíbel. Esta campaña escolar responde ás problemáticas de contaminación electromagnética dos sistemas sen fíos nas aulas (conectados a un WiFi industrial de alta capacidade), e ás da contaminación dixital coas súas profundas pegadas ambientais (enerxética e climática, e as derivadas do extractivismo mineiro e o lixo tecnolóxico), así como das súas estratexias asociadas (dependencia tecnolóxica, obsolescencia, hiperconsumismo, control social …).
Este proxecto, aberto á participación dos axentes implicados (nais e pais, profesorado, alumnado) en todas as etapas educativas (da educación infantil ao ensino superior), aséntase nas numerosas alertas, recomendacións e normas bio-sostíbeis do ámbito científico, profesional e institucional..
A campaña escolar, centrada no eido dixital, ten un DOBRE OBXECTIVO, garantir contornas saudábeis e educar para adquirir hábitos ecosociais:
-
Contornas educativas saudábeis e biocompatíbeis: é dicir, libres de contaminación electromagnética e, en caso de ferramentas dixitais, garantir o seu uso sobrio, ergonómico e ponderado, atendendo, en todo caso, ás necesidades madurativas e primando as interrelacións entre o alumnado, e entre este e a súa contorna.
As recomendacións da Resolución 1815 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, inciden especialmente en minimizar a exposición a radiofrecuencias na poboación infantoxuvenil, e son xeralmente asumidas por máis de 60 organizacións e paneis profesionais da saúde de todo o mundo (integradas por máis de medio millón de profesionais), e parcialmente aplicadas e divulgadas por ministerios e axencias en máis de 20 estados. Tal e como aconsellan as opcións do estudio bibliográfico sobre el “impacto na saúde do 5G” (2021) do panel STOA del Parlamento Europeo.
Recomendacións fáciles de aplicar como a conexión a internet por cable nas aulas (biocompatíbel, máis rápido, eficaz e seguro que o Wi-Fi). As Normas de hixiene e requisitos da contorna educativa dixital da Federación Rusa de 2020 e da educación a distancia de 2020, (aprobadas polo Ministerio de Saúde, a Academia de Ciencias e o Comité Nacional Ruso para a Protección contra as Radiacións Non Ionizantes -RNCNIRP-), inciden en non usar o Wi-Fi en preescolar, nin no ensino primario (como se recoñece por lei en Francia, Chipre e a Polinesia francesa en idade preescolar e restrinxindo o seu uso en primaria).
Cando non se poida conectar por cable, a Oficina Federal alemá de Protección contra a Radiación aconsella afastar os puntos de acceso Wi-Fi dos espazos e lugares de permanencia, e as Normas da Federación Rusa aconsellan, en devanditos casos, unha distancia de polo menos 5 m.
Solicitamos, regular o tempo e forma de uso de pantallas (demandado polas asociacións de pediatría de EEUU, Italia, Canadá, España … ou a propia OMS e axencias de saúde), así como atender ás etapas de desenvolvemento, primando a interrelación non dixital no aula entre profesorado e alumnado e entre o alumnado entre si.
Recoñecemos o consenso profesional e institucional cada vez maior sobre as alteracións en diversos ámbitos da saúde relacionadas co uso de pantallas, e a súa asociación significativa negativa entre o seu tempo de uso e o benestar psicolóxico infantoxuvenil. M. Desmurguet (2019), Doutor en neurociencia e investigador francés do INSERM (Instituto Nacional de Saúde e Investigación Médica), destaca que a maior parte dos estudos solventes publicados sobre os obxectivos pedagóxicos cumpridos coa dixitalización do ensino, mostran a súa “ineficacia -no mellor dos casos- ou o dano pedagóxico -no peor deles-“.
“Entre los 0 y 6 años de edad la tecnología, generalmente, no brinda ninguna ventaja adicional al desarrollo de niños y niñas.Por el contrario, su uso compite con experiencias que son útiles y enriquecedoras para el crecimiento.Es el contexto real el que tiene que entretener, calmar y estimular a niños y niñas a esta edad, no la tecnología” (UNICEF, 2020).
As Pedagoxías Activas invitan a evitar a tecnoloxía dixital en idade preescolar, ata ben avanzada a Primaria (Método Montessori) ou a Secundaria (Método Waldorf, método elixido para as súas fillas e fillos por representantes das tecnoloxías dixitais, como os de Silicon Valley). M. Desmurguet (2019), aconsella non iniciar o uso de pantallas antes de 6 anos, e despois, non superar de 1/2 a 1 hora ao día.
Expertos en riscos laborais critican a falta de criterios ergonómicos individualizados nas aulas (dispositivo, posto, iluminación, adecuación de idade e contexto), e a ausencia dun programa de exercicios de desconexión dixital (prevención do estrés, fatiga visual, problemas osteomusculais …), como nas normas rusas
-
A escola como educadora socio-ambiental e para a saúde no ámbito dixital, para aprender prácticas e hábitos de uso autorregulado, sobrio, biocompatíbel, decrecentista, anticonsumista, ético e crítico; que elimine/minimice a exposición á radiación electromagnética dos dispositivos sen fíos, así como os impactos na saúde e socio-ambientais implicados nos usos dixitais.
Realización de campañas educativas e informativas sobre os riscos potenciais do uso precoz, indiscriminado e prolongado dos dispositivos sen fíos, seguindo os criterios da Resolución 1815 da APCE, para aprender estratexias que eliminen/reduzan a exposición á radiación electromagnética e os seus riscos asociados, e incorporalos nos hábitos de vida en xeral. Recomendacións xa desenvolvidas por Institucións públicas, paneis científicos, asociacións médicas, etc.
Incluír nestas campañas como eliminar e/ou minimizar os impactos socio-ambientais implicados nos usos dixitais, alertados por institucións como o Alto Consello francés polo Clima ou a Convención Cidadá francesa polo Clima, o “France Stratégie” do Gabinete do Primeiro Ministro francés, ou The Shift Project, así como distintos chamamentos científicos (ex. CIPRACEM) e académicos (ex. Instituto Rousseau). Francia xa está tramitando na súa Asemblea Nacional (xuño 2021) unha Lei para reducir “a pegada ambiental dixital”, sensibilizando nas aulas “sobre o impacto medioambiental das ferramentas dixitais” e “a sobriedade dixital”.
Suscítase complementar o «Currículo para unha educación ecosocial fronte á urxencia climática», elaborado por Teachers for future, con estratexias de sobriedade dixital, como as de “The Shift Project”, na procura de habilidades individuais e colectivas sostíbeis de compra e consumo de obxectos e servizos dixitais, para contrarrestar os CONTRAVALORES DA HIPERDIXITALIZACIÓN (hiperconsumismo, dependencia tecnolóxica, crecemento infinito, aceptación do control social …).
Xulio Carmona. Área de dixitalización e contaminación electromagnética de Ecologistas en Acción.
Artigo publicado no nº 1010 da Revista “Ecologista”
Mais información en: https://escuelasaludable.org/?p=379