“Escola saudábel, Internet só por cable”: campaña de educación socio-ambiental e para á saúde no uso dos medios dixitais, lanzada dende Ecoloxistas en Acción.
Campaña presentada en Redondela o 5 de maio de 2022, na Casa da Cultura de Redondela, organizado pola Federación de ANPAS de Redondela e Ecoloxistas en Acción.
A actual 4ª revolución industrial, publicítase, como “verde e dixital”, inocua, inmaterial e sostíbel. Esta campaña escolar responde ás necesidades de identificar e aminorar as distintas problemáticas da dixitalización na educación e na vida cotiá, dende a exposición ás radiofrecuencias (dentro e fora das aulas), a profunda pegada ambiental da contaminación dixital (enerxética e climática, e as derivadas do extractivismo mineiro e o lixo tecnolóxico), así como das súas problemáticas asociadas (dependencia tecnolóxica e adiccións, obsolescencia tecnolóxica e hiperconsumismo, big data e control social, …).
Este proxecto educativo en creación, está aberto á participación dos axentes implicados (nais e pais, profesorado, alumnado) en todas as etapas educativas, Aséntase nas numerosas alertas, recomendacións e normas bio-sostíbeis do ámbito científico, profesional e institucional que abren reflexións sobre as pautas dun uso sobrio, adecuado á idade e biosostíbel dos medios dixitais.
Algúns dos porqués da campaña:
Pola maior vulnerabilidade da infancia e a xuventude
As alertas temperás emitidas desde ámbitos institucionais, científicos e profesionais sobre a maior vulnerabilidade infanto-xuvenil son unha constante desde fai décadas. Refírense aos riscos para a súa saúde da exposición precoz e constante aos campos electromagnéticos, aos impactos do uso precoz e abusivo das pantallas no seu desenvolvemento neurolóxico e cerebral, así como na adquisición de condutas adictivas (redes, xogos, apostas, pornografía, …) e as súas problemáticas vinculadas, como o acoso cibernético. Nenas e nenos, mozas e mozos están na diana das empresas tecnolóxicas, para captar e fidelizar o seu consumo a través de estratexias de sedución xamais coñecidas.
Polos seus efectos sobre o ambiente e o clima
Son moitas as alertas científicas de que este proceso de hiperdixitalización, lonxe de ser “inmaterial” ou “verde”, é profundamente enerxívoro coa súa afectación climática (incremento das emisións de gases de efecto invernadoiro), necesita de metais e minerais cun agresivo incremento do extractivismo e a xeración de residuos tóxicos nos procesos de elaboración dos seus compoñentes e dispositivos, altera o espazo co seu masivo lanzamento de satélites alertado por astrólogos e meteorólogos, así como incrementa exponencialmente o lixo terrestre e espacial acumulado e a perda da bio-diversidade, …
Polo seu control social en detrimento da privacidade e os dereitos dixitais
As GAFAM (Google, Amazon, Facebook, Apple e Microsoft) controlan as comunicacións da gran maioría da poboación, poñendo a súa información ao servizo de fins de dubidosa utilidade social. A previsión de millóns de obxectos conectados ao 5G e o seu internet das cousas agravarán esta captura desregulada de datos que, máis a intelixencia artificial, o big data e o recoñecemento facial, posibilitará claves predictivas de control social, monitorizando ao individuo durante toda a súa vida.
Ver pdf de la convocatoria.
Redondela.05.05.2022Ver también: https://www.ecologistasenaccion.org/evento/redondela-palestra-escola-saudabel/