- Adolescencia Libre de Móbiles, “Escola Saudable” de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa desmontan os mitos tecnolóxicos nos que se sustenta a proposta de Lei de Educación Dixital da Xunta por no atender aos criterios científicos actuais e estar feita as costas das recomendacións de paneis/institucións expertas e das principais sociedades sanitarias.
- Mostran a grave problema de saúde pública infantoxuvenil da introdución precoz do uso de pantallas, plataformas e redes, e demandan aplicar no ensino ditas recomendacións para protexer dos seus efectos negativos e disruptivos coñecidos na aprendizaxe, no desenvolvemento cerebral e emocional, e na saúde mental e física.
- Demandan comezar un cambio de paradigma, xa iniciado a nivel internacional e en diferentes comunidades autónomas, en diferente grado, recuperando a lectura e escritura en papel, retirando pantallas, e limitando tempos do seu uso.
Adolescencia Libre de Móbiles, o programa escuelasaludable.org de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa, presentan 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia onde identifican os mitos tecnolóxicos nos que se sustenta, ao tempo que denuncian a desprotección das persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas, nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía.
Desprotección na aprendizaxe:
Dende 2006, os Informes PISA de avaliación do rendemento académico, móstrán claramente que a maior uso de pantallas na aula, incentivada de novo neste proxecto de lei, peores son os resultados. Paneis de persoas/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …) móstrannos os efectos negativos coñecidos na aprendizaxe coa introdución precoz de pantallas nos menores: diminúe a concentración, a memoria de traballo, a lecto-escritura, o desenvolvemento da linguaxe, a calidade das aprendizaxes -máis superficiais e acríticos-; así como compite (rouba oportunidades) coas interaccións humanas necesarias na maduración e a aprendizaxe profunda.
Desprotección na saúde e o desenvolvemento:
Paneis de persoas/institucións expertas, sociedades científicas do eido da saúde, co coñecemento científico actual, móstrannos o efecto disruptivo coñecido do uso precoz de pantallas no neurodesenvolvemento e na saúde mental e física:
No neurodesenvolvemento: retraso na linguaxe e psicomotor, menor desenvolvemento cognitivo e coeficiente intelectual, dificultade na xestión emocional e no desenvolvemento da autorregulación, menor volume cerebral en áreas clave -temporal, parietal, frontal-, deterioro da memoria de traballo e aumento da impulsividade, hiperactivación do sistema límbico, dificultade no desenvolvemento do control de impulsos, deterioro da atención sostida.
Na saúde mental: condutas adictivas, depresión, ansiedade, problemas de concentración, baixa autoestima, trastornos alimentarios, alteracións do sono, pensamentos / prácticas suicidas…) e física (obesidade, risco cardiometabólico, fatiga visual, miopía, peores habilidades motoras, alteracións musculoesqueléticas,…),
A proposta de Lei Dixital de Galicia, debería reformularse comezando por aplicar as recomendacións da Asociación Española de Pediatría (AEP), asumidas na actualidade por, ao menos, 17 sociedades científicas da medicina e da psicoloxía: establecer tempos máximos de pantallas (non usar pantallas até os 6 anos, non máis dunha hora ao día entre os 7 e os 12 anos, e dúas horas a partir dos 13 anos, incluíndo o horario escolar), postergar o primeiro smartphone e o acceso a redes sociais até os 16 anos, e educar do dixital (e preparar para un mundo dixital) sen introducir ao alumnado como usuario de dispositivos, redes nin plataformas. A innovación no eido educativo (e no eido da protección da saúde e o desenvolvemento) atópase nunha desescalada dixital nos centros educativos, non na introdución disruptiva de pantallas nunha poboación infantoxuvenil máis vulnerábel a súa fascinación adictóxena e o roubo da atención.
De feito, metodoloxías sen pantallas, como a Unplugged, demostraron favorecer, en maior medida, o desenvolvemento do pensamento computacional e da competencia dixital dende unha perspectiva crítica. Por iso, en base ás recomendacións da AEP e a evidencia científica no ámbito educativo, as escolas deberían converterse en refuxios libres da omnipresenza das pantallas, onde prime o analóxico e se potencien metodoloxías activas, investigativas e participativas.
Desprotección na privacidade
A Autoridade de Protección de Datos austríaca ditaminou recentemente que Microsoft 365 Education, usado gratuitamente nas aulas, rastrexaba ilegalmente ao alumnado e violaba o seu regulamento de protección de datos ao non dar acceso total á información recompilada.
A Lei dixital de Galicia da Xunta non afronta medidas de fondo como migrar progresivamente a software libre os sistema operativos e ferramentas usadas, ou formas reais de control da privacidade en plataformas, comunicacións electrónicas, etc.; ante uns servizos dixitais das grandes compañías tecnolóxicas incompatíbeis coa a privacidade.
Por que Galicia persiste nun enfoque xa superado, e non atende ao cambio de paradigma iniciado dentro e fóra do Estado español?
Países nórdicos (como Suecia, Finlandia, Dinamarca e Noruega), pioneiros na dixitalización escolar, xa acometeron un cambio de paradigma, seguidos, en diferente grao, por outros países, ao atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis de persoas expertas, institucións como o Instituto Karolinska e sociedades científicas do ámbito da saúde.
En EE. UU, se en maio de 2026 a Xunta Escolar do Distrito Unificado de Los Ángeles aproba por unanimidade limitar o tempo de pantalla atendendo as alertas científicas, dende xaneiro de 2026, 4 Estados xa aprobaron leis nesta liña e xa son 10 Estados os que tramitan proxectos de lei similares, solicitados por plataformas de familias e os seus principais sindicatos docentes e con apoios transversais nos seus respectivos parlamentos.
En España, a comunidade catalá comezou este curso retirando pizarras dixitais dá etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a cántabra (orde autonómica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (currículos escolares), tamén propoñen a retirada nesta etapa. Comunidades autónomas como a madrileña ou a catalá reverten a introdución de dispositivos dixitais individuais (DDI) até a ESO ou até 6º de primaria, respectivamente. O tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando segundo a etapa, de 1 a 2 horas/día na comunidade murciana, entre 2-4 horas en primaria e 2-4 horas/día en secundaria na comunidade aragonesa, e, no caso dos dispositivos dixitais compartidos (DDC), entre 1 ou 2 horas á semana na comunidade madrileña no eido do ensino primario.
Concellos galegos xa apoiaron, nalgún grado, debates de desescalada dixital nos menores (A Guarda, Cabana, Nigrán, O Barco, O Grove, Oleiros, Pontevedra, Tomiño,…), apoian o atraso no uso do móbil (Concello de Allariz), ou alegan contra esta lei pola desprotección dos menores (Concello de Oleiros).
Ver nota de prensa en pdf.
DOCUMENTO ANEXO: 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia abajo y en pdf:
30Consideracións.Anteproxecto.de.lei.Galicia*Adolescencia Libre de Móbiles (plataforma galega integrada no movemento estatal de máis de 30.000 familias y profesionais da saúde, educación e tecnoloxía) e o programa escuelasaludable.org da Confederación de Ecoloxistas en Acción, son integrantes de la Plataforma Control Z, xunto con 17 sociedades científicas do eido da medicina e a psicoloxía como as: de pediatría (AEP), de psiquiatría Infantil e adolescencia (AEPNYA), de medicina da adolescencia (SEMA), de Neuroloxía (SEN), de oftalmopediatría (SEDOP), de psicoloxía clínica iInfanto-xuvenil (SEPCIJ), da psicoloxía (Consello Xeral de Psicoloxía de España), da neuroloxía pediátrica (SENEC), de pediatría de atención primaria (AEPAP), de pediatría extrahospitalaria e atención primaria (SEPEAP), de neuropsicoloxía clínica (CNC), da Federación de Asociacións de Neuropsicoloxía Españolas (FANPSE),…
* A Asociación Educación Activa, é unha entidade sen ánimo de lucro de familias e docentes que impulsa unha transformación educativa e social baseada na evidencia científica, a participación comunitaria e o respecto á infancia e adolescencia.
* A Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) ven de asinar un convenio coa Plataforma Control Z, na que comprométese a promover o Plan Dixital Familiar da AEP (apoiado por 17 sociedades científicas), incompatíbel coa actual proposta de Lei Dixital de Galicia, así como promover o Pacto de familias de Adolescencia Libre de Móbiles para atrasar a introdución dun primeiro Smartphone.






















