O 15 de xullo, unha representación de Adolescencia Libre de Móbiles, Escola saudabel de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa, estivemos no Parlamento de Galicia nuha entrevista co Aitor Bouza, voceiro en materia de educación do Grupo Parlamentario Socialista.
No encontro facilitamos e explicamos as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia que identifican os mitos tecnolóxicos que sustentan dito proxecto de lei, e desprotexen as persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …), nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía.
Coa nosa presenza (familias, profesionais sanitarios, docentes e ecoloxistas) seguemos perseverando cara a introducir, no debate no Parlamento Galego, ás voces das recomendacións científicas silenciadas e non atendidas no Proxecto de Lei de Educación dixital.
Grazas a Aitor Bouza polo encontro e a escoita!
Ver tamén:
Desprotección da infancia e mocidade coa lei de educación dixital de Galicia.






















