Dende Adolescencia Libre de Móbiles e o programa Escola Saudable (escuelasaludable.org) de Ecoloxistas en Acción realizamos estas alegacións baseadas nas alertas de paneis de persoas expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …) sobre o proceso dixitalizador en infancia e xuventude e a forte asociación do seu uso precoz e o tempo de pantalla con efectos negativos no desenvolvemento cerebral e no ámbito académico (como constatan reiteradamente os informes PISA) e sobre a saúde mental e física (como corrobora o Dossier de evidencia científica sobre PROTECCIÓN DE NENOS, NENAS E ADOLESCENTES EN ENTORNOS DIXITAIS, recentemente presentado por 12 sociedades científicas españolas no contexto da Plataforma Control Z).
Partimos do cambio de paradigma que supón a crise no eido da aprendizaxe e da saúde mental infantoxuvenil e a cualificación da introdución de pantallas como un importante problema de saúde pública como recoñeceu dende 2024 a Asociación Española de Pediatría, cando actualizou as súas recomendacións a favor do dereito á desconexión dixital infantoxuvenil:
– Nada de pantallas até o 6 anos, e non chegar a 1 hora ao día entre 7-12 anos e de dúas horas a partir dos 13, incluíndo o tempo de escola.
– Postergar o uso de smartphone e redes sociais, ao menos, até os 16 anos
– Educar no dixital sen necesidade de pantallas, e dicir … sen introducir no uso de dispositivos, redes e plataformas.
Que sociedades científicas apoian na actualidade estas reclamacións?: sociedades científicas españolas de Pediatría (AEP), de Psiquiatría Infantil e Adolescencia (AEPNYA), de Medicina da Adolescencia (SEMA), de Neuroloxía (SEN), de OftalmoPediatría (SEDOP), de Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil (SEPCIJ), da Psicoloxía (Consello Xeral de Psicoloxía de España), da Neuroloxía Pediátrica (SENEC), de Pediatría de Atención Primaria (AEPAP), de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria (SEPEAP), de Neuropsicoloxía Clínica (CNC), Federación de Asociacións de Neuropsicoloxía Españolas (FANPSE)
A ditame do prestixioso Instituto Karolinska en 2023 ao goberno sueco sobre o seu plan de dixitalización do sistema escolar (2023) conclúe que baséase en “suposicións” inconsistentes (mitos) e NON ATENDE ás CONSECUENCIAS NEGATIVAS COÑECIDAS e en base a bibliografía e evidencia existente: prexudica ao aprendizaxe, o tempo de pantalla (e a precocidade de acceso) está asociado negativamente á saúde mental e física, os cativos non deberían utilizar ferramentas dixitais, non atende á capacidade cognitiva de nenas e nenos con necesidades especiais, os efectos negativos detectados asociados a o uso de pantallas son maiores en familias de nivel educativo máis baixos, e fai énfase sobre o maior risco de xeneralizar o seu uso fóra da aula cando se introduce na escola dificultando seguir as recomendacións pediátricas e sobre como a dixitalización escolar non implica mellores condicións de acceso futuro ao mercado laboral.
O panel de persoas expertas de goberno francés recomenda, entre outras:
- Ningunha pantalla en Educación Infantil, ningunha plataforma [educativa] en nenos e nenas de Primaria, Secundaria e Bacharelato, para protexer tempos de desconexión e que non sexa necesario proporcionar a fillas e fillos un terminal dixital,
- Demanda, antes de despregar unha ferramenta dixital en menores, avaliar á experimentación previa, a contribución pedagóxica, os beneficios e riscos (páx. 103), así como avaliar o ciclo de vida ambiental dos dispositivos (páx. 103) e a súa utilidade real en relación aos costes incorridos (páx. 102).
- Subliña que a formación dixital debe poder realizarse, como xa ocorre, incluso sen recorrer as propias ferramentas dixitais (páx. 109).
En España, o Comité de persoas expertas do Ministerio de Xuventude e Infancia do 2024:
- Suxire a reformulación da competencia dixital ou alfabetización mediática sen necesidade de exposición a pantallas, na liña do ditame francés
- Cuestiona a capacidade psicoevolutiva de nenos/as e adolescentes, que até o momento atribuíaselles nas directrices oficiais, para facer un uso seguro e responsable das tecnoloxías (apartado 3.2, subapartado Bases neurobiolóxicas do neurodesenvolvemento na adolescencia).
- Indica, por primeira vez nun documento de traballo da administración, que debe existir un aval científico con ensaios clínicos que garanta que a introdución de dispositivos dixitais mellora a aprendizaxe [apartado 4.4].
- Resalta que para interiorizar un uso adecuado dos medios dixitais é innecesario que se teña que facer uso das pantallas. Engade que é esencial non caer no equívoco de que a formación tecnolóxica implica converter a nenos e adolescentes en usuarios (páx. 76) ou que a adquisición da competencia dixital non necesariamente precisa do uso de tecnoloxías (páx. 119 e 138).).
- Relaciona os efectos negativos que o uso de dispositivos dixitais provoca en aspectos críticos del aprendizaxe, con base na evidencia científica: diminución da capacidade de atención, concentración e memoria de traballo, mingua na comprensión lectora e nos hábitos lectores, afección na capacidade interpretativa de textos16 e toma comprensiva de apuntes, mingua a capacidade no razoamento matemático utilizando pantallas ou programas dixitais e o rendemento matemático, desprazamento da escritura a mano e de habilidades manuais retraso e empobrecemento da linguaxe (comprensión e expresión oral) e da interacción social e empeoramento do rendemento académico [Apartado 4.5.2].
Xa diferentes estados, como Suecia despois do mencionado Informe Karolinska, iniciaron unha desescalada dixital que ten o seu reflexo en diferentes comunidades autónomas:
Mentres na comunidade catalá este curso académico comezou a retirar as pizarras dixitais da etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a cántabra (orde autonómica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (currículos escolares), tamén propoñen a retirada nesta etapa. Mentres comunidades autónomas como a madrileña ou a catalá reverten a introdución de dispositivos dixitais individuais (DDI) até a ESO ou até 6º de primaria, respectivamente, o tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando o tempo de uso segundo a etapa, de 1 a 2h/día na comunidade murciana, entre 2-4h en primaria e 2-4h/día en secundaria na comunidade aragonesa, a entre 1h ou 2h á semana na comunidade madrileña no eido da primaria.
Dende Adolescencia Libre de Móbiles e Escola Saudable subliñamos que o presente Anteproxecto de lei nace como unha normativa obsoleta ante os cambios tan acelerados que chaman a regular e protexer neste eido.
A normativa prevista para a comunidade galega débese, en sintonía coas recomendacións científicas, reorientar o sentido do desenvolvemento da competencia dixital, que estaría baseado en:
– Construír as capacidades necesarias para un uso responsable, eficiente, consciente e crítico das tecnoloxías dixitais, adquirindo eses cimentos nas aprendizaxes básicas correspondentes a cada idade e sen necesidade de converter ao alumnado en usuario de programas, redes ou plataformas.
– Aprender sobre as potencialidades, beneficios, riscos e efectos non desexados ou negativos das tecnoloxías dixitais na nosa sociedade, así como as actitudes necesarias para previr os eventuais usos que vaian en detrimento do desenvolvemento san.
A normativa debe incorporar as conclusións dos principais comités internacionais de expertos e das principais sociedades científicas do Estado.
Aportamos bibliografía de referencia neste eido de paneis de persoas expertas e informes independentes (do eido da educación, saúde e de protección ao menor), e sociedades científicas do ámbito da saúde, de disciplinas como pediatría, medicina da adolescencia, neuroloxía, oftalmoloxía, psicoloxía, psiquiatría, radioprotección e saúde ambiental: https://escuelasaludable.org/wp-content/uploads/2025/02/Referencias-estudios-e-investigaciones.pdf
Nesa liña aportamos as seguintes alegacións que, non pudendo abordar todos o frontes, mostra na alegación ao TITULO V (sobre a educación dixital nos diferentes niveis do sistema educativo) como se pode afrontar as competencias dixitais contempladas no marco xurídico actual atendendo a criterios de saúde, protección e aprendizaxe….
























