Venres 22 de maio na Casa da Cultura de Allariz: Debate educativo “Medrar con pantallas NON é igual a progreso” e clausura da exposición de Kiko Da Silva.
A campaña ‘Escola saudable’ de Ecoloxistas en Acción invita á comunidade educativa de Allariz a participar no acto organizado polas ANPAS Airiña e Vilanova de Allariz coa colaboración do Concello de Allariz e Adolescencia Libre de Móbiles o venres 22 de maio ás 19h que clausura a exposición do ilustrador galego Kiko Da Silva entitulada “Medrar con Pantallas NON é igual a progreso”.
Ambas actividades invitan a reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado e da necesidade de potenciar pactos de familia para atrasar a introdución dun primeiro smartphone.

Ver galería de fotos:
O faladoiro contará como relator a un coordinador da campaña “escola saudable”, que participa na plataforma Adolescencia Libre de Móbiles e colabora co Movemento OFF: Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas.
- Informarase dos consensos e alertas científicas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde física e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorítmicas de enxeñería social.
- Identificarase os mitos do proceso hiperdixitalizador en base a dito coñecemento.
- Informaráse do cambio de paradigma ante este “problema de saúde pública” cando, ante a «nova evidencia científica” 22 sociedades científicas do Estado español do eido da medicina e a psicoloxía avalan as proposta de tempos de pantallas en menores da Asociación Española de Pediatría (AEP): CERO pantallas até os 6 anos e menos de 1 h. ao día entre 7-12 anos e menos de 2 horas diarias a partir dos 13 anos, incluído o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone e redes sociais ata polo menos os 16 anos. Explicarase igualmente por que ditas sociedades científicas exhortan ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen necesidade de introducir en pantallas, plataformas e redes nas aulas, como aconsella a AEP.
- Informarase de pautas concretas, encamiñadas a postergar/negociar o uso de pantallas en menores, e dos pactos de familia de Adolescencia Libre de Móbiles nesa liña.
Neste proceso o persoal docente, contou cunha ficha de actividade para traballar co seu alumnado trala visita á exposición.
No faladoiro exporanse os 4 vídeos da campaña “Escola saudable” e se distribuirán as súas guías e folletos: como a guía ilustrada de Kiko da Silva (‘Medrar con pantallas non é progreso’), o folletos de Orientacións prácticas para as familias sobre SMARTPHONE e ADOLESCENCIA e unha guía de apoio á exposición.























