- A Plataforma veciñal de Brenlla e Ecoloxistas en Acción lembran que a capacidade de protección dos actuais límites de exposición a radiofrecuencias da comunicación sen fíos está cuestionada por sociedades científicas, como a Sociedade Española de Protección Radiolóxica e a Sociedade Catalá de Saúde Ambiental.
- Veciñanza e ecoloxistas solicitan ao Concello de Coristanco e a Xunta de Galicia a súa implicación para aplicar criterios de principio de precaución na implantación de antenas, ante os seus impactos potenciais e a indefensión e falta de participación á que se somete á veciñanza afectada.
O venres 30 de Xaneiro, tivo lugar ás 18h no local social de Agualada en Coristanco un faladoiro, sobre antenas e principio de precaución, con Xulio Carmona, coordinador confederal da área de Dixitalización e contaminación electromagnética de Ecoloxistas en Acción. sobre a sobreexposición á que estamos sometidos de ondas electromagnéticas.
Unha cincuentena de persoas asistiron ao acto organizado pola plataforma vecinal ante a úbicación dunha antena de telefonía móbil en Brenlla, preto das súas casas.
Dende Ecoloxistas en Acción achegaron alertas, estudos e informes do eido científico e institucional, por exemplo:
- Lembran que a Axencia internacional do cancro da OMS xa catalogou como canceríxenos 2B as moi baixas frecuencias, como das liñas de alta tensión (en 2011), e as radiofrecuencias, como as da telefonía móbil ou o wifi (en 2011).
- Presentan algúns chamamentos científicos internacionais que cuestionan uns criterios de límites de referencia (criterio ICNIRP) que só atenden aos riscos térmicos a curto prazo e non contemplar os riscos biolóxicos e a longo prazo, nin a correlación de diferentes alteracións e patoloxías recollidas na bibliografía científica, no eido dos campos electromagnéticos, como:
- EMF Scientist Appeal, asinado por científicos expertos en bioelectromagnetismo de 44 países, responsábeis de máis de 2.000 publicacións relevantes neste ámbito (ver en castelán-).
- A Declaración de Consenso de 2020 de Expertos e profesionais internacionais do eido ámbito médico y científico, asinado por organizacións que representan a máis de 3.500 profesionais da medicina.
- Introducen ás conclusións e recomendacións do estudo de revisión bibliográfica sobre radiofrecuencias do Servizo de Investigación do Parlamento Europeo, que constatan o grado de evidencia actual nos temas estudados (carcixenocidade, infertilidade e desenvolvemento), cuestionan o carácter protector da normativa de referencia actual do criterio ICNIRP, e ofrecen recomendacións técnicas a eurodeputadas e eurodeputados cara a lexislar para minimizar a exposición a radiofrecuencias aplicando o principio de precaución.
- Informan das conclusións da revisión bibliográfica da literatura científica sobre os efectos das antenas de estacións base de telefonía en humanos publicada por Alfonso Balmori en 2022 (ver artigo completo en inglés), que constata os distintos efectos encontrados no 75% dos estudos.
- Presentan as diferentes chamadas a aplicar o principio de cautela no eido dos campos electromagnéticos, dadas pola Axencia Europea de Medio Ambiente dende 2007. En 2013 declaran as radiofrecuencias como “problema emerxente”, e alertan sobre o modelo lobista da industria do tabaco (de influencia nos eidos da comunicación, investigación e os diferentes ámbitos de toma de decisións), usado nas empresa ligadas aos “problemas emerxentes”, para impedir e atrancar a aplicación do principio de precaución.
Ecoloxistas en Acción denuncia o incumprimento legal (dende fai máis de 11 anos) de crear unha Comisión sobre radiofrecuencias e saúde, contemplada na lei, que garante criterios éticos básicos de transparencia, independencia, pluralidade e participación cidadá. Tamén subliña o conflito de interese da suplantación de facto das funcións da mencionada Comisión por un comité ‘lobista’, que depende do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, estreitamente ligado ás compañías tecnolóxicas.
A organización ecoloxista xa informou ao Ministerio de Sanidade de como a estratexia deste comité ‘lobista’ se encadra claramente nun modelo de acción empresarial da industria do tabaco, identificado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), para atrasar/evitar a aplicación do Principio de Precaución ante as alertas temperáns de problemas emerxentes.
Asemade, facilitan un informe técnico de Ecoloxistas en Acción sobre os impactos ambientais das liñas e infraestructuras eléctricas e a necesidade de aplicar o principio de precaución atendendo á bibliografía científica.
Os organizadores e ecoloxistas reiteran que a capacidade de protección dos actuais límites de exposición a radiofrecuencias sen fíos está cuestionada por sociedades científicas, como a Sociedade Española de Protección Radiolóxica e a Sociedade Catalá de Saúde Ambiental.
A veciñanza volve a solicitar ao Concello e a Xunta de Galicia a súa implicación para aplicar o principio de precaución na implantación desta e outras antenas , ante os seus impactos potenciais. Buscar un lugar axeitado, que responda ás necesidades da empresa, pero tamén á vontade veciñal, en base a aplicación do artigo 49 da Ley General de Telecomunicacións 11/2022 dalle autonomía ó concello para poder, amparandose no artículo 49, axudar a alonxar ás antenas de telefonía das vivendas.

Ver tamén:
Coristanco: Faladoiro sobre a contaminación electromagnética























