En Pontevedra, o primeiro premio de Ponteciencia 2014 na súa modalidade en familia foi para o proxecto «Planti-WiFi, as plantas gústalles o Wifi?”, experimento que mostra como en igualdade de condicións (sol, auga, temperatura) a contaminación electromagnética doméstica producida por un encamiñador Wifi e un teléfono DECT afecta ao crecemento e desenvolvemento de diferentes tipos de sementes e plantas novas en comparación coas non directamente expostas. Ver vídeo.
Ponteciencia é unha feira de Miniciencia de proxectos de investigación escolar organizada polo Covello de Pontevedra, patrocinada pola Fundación Española de Ciencia e Tecnología FECYT do Ministerio de Economía e Competitividade, coa colaboración da Universidade de Vigo e entidades do CSIC en Galicia como a Misión Biolóxica.