A Plataforma galega «Adolescentes libres de smartphones» e Ecoloxistas en Acción organizamos un faladoiro, sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar e do ensino, aberta á comunidade educativa de A Coruña. O vindeiro sábado 1 de xuño ás 11:30h no Centro Cívico de Os Maios (Avda. Arteixo 147 de A Coruña) con acceso libre ata completar o aforo.
Presentaron unha guía para nais, pais e docentes coas alertas científicas e expertas sobre as diferentes problemáticas recoñecidas deste proceso hiperdixitalizador do proceso educativo e da sociedade nos eidos da saúde, aprendizaxe, ambiental e social.
Mostraron as achegas e normas do ámbito científico, profesional e institucional cara a un uso dos medios dixitais que atenda a idade e situación de maior vulnerabilidade de nenas, nenos e rapazada (postergando/limitando a súa introdución), cara a formar persoas que afronten o uso desta tecnoloxía de forma sobria, biocompatíbel, sostíbel, ética e crítica.
Pretèndese abrir unha reflexión na comunidade educativa coruesa sobre unha revolución dixital publicitada como “verde”, inocua, inmaterial, sostíbel e imprescindíbel.
Presentouse a campaña «escuela saludable» de Ecoloxistas en Acción e a súa guía escolar «Medrar de forma saudábel nun mundo dixital» que se repartirá no acto.
O debate propón identificar os distintos mitos tecnolóxicos instaurados nun proceso desregulado de hiperdixitalización. Mostraron o coñecemento científico actual sobre as consecuencias negativas coñecidas do tempo de uso de pantallas e do seu inicio precoz, asociados a alteracións da saúde mental e física, así como as súas implicacións negativas no desenvolvemento cerebral e do ámbito académico e da aprendizaxe.
Abordaron igualmente a “presencia importante” en “idades temperás” de condutas aditivas relacionadas coas TIC. Darán voz ás persoas expertas que alertan e denuncian tácticas adictóxenas deliberadas e profusamente aplicadas pola industria dixital, denunciadas ante tribunais norteamericanos por asociacións de nais, pais e persoas afectadas. Denuncias actualmente apoiadas por fiscais de 42 estados distintos de Norte América, contra META (Facebook, Instagram) por pór en risco a saúde mental de nenas, nenos e rapazada, de forma premeditada.
Darán visibilidade aos inasumíbeis costes das tecnoloxías dixitais pola súa pegada ambiental e climática e pola perda de privacidade e o control social, como a denunciada pola UNESCO.
Mostraron exemplos das diferentes medidas proteccionistas que se están levando na actualidade para evitar a distracción dixital e mellorar a atención na aula, así como das distintas experiencias de nais e pais cara a evitar a presión social dunha introdución precoz e ‘disruptiva’ da tecnoloxía dixital en menores.
Ver entrevista no Telexornal Serán da TVG do 01.06.24: