Ver galería de fotos:
Estimadas ANPAS, familias e docentes de A Guarda (Pontevedra).
Invitámosvos a participar no acto organizado pola AMPA ATALAIA: “Desconectar para conectar. Familias na era dixital” o venres 17 de abril ás 18h e a visitar a exposición do ilustrador galego Kiko Da Silva entitulada “Medrar con Pantallas NON é igual a progreso” do 9 ao 17 de abril.
Ambas actividades, no salón de plenos do Concello de A Guarda, invitan a reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado.

Os relatores, coordinadores galegos da campaña “escola saudable” de Ecoloxistas en Acción, participantes na Plataforma Adolescencia Libre de Móbiles e colaboradores do Movemento OFF:
- Informarán dos consensos e alertas científicas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde física e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorítmicas de enxeñería social.
- Identificarán os mitos do proceso hiperdixitalizador en base a dito coñecemento.
- Informarán do cambio de paradigma proposto, entre outras, pola Asociación Española de Pediatría (AEP) cando, ante a «nova evidencia científica» deste “problema de saúde pública”, recomenda dende decembro de 2024 CERO pantallas até os 6 anos e menos de 1 h. ao día entre 7-12 anos e menos de 2 horas diarias a partir dos 13 anos, incluído o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone e as redes sociais até polo menos os 16 anos. Explicarase igualmente por que dende a pediatría exhortan dende abril de 2025 ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen pantallas nas aulas.
- Informarase de pautas concretas, encamiñadas a postergar/negociar o uso de pantallas en menores, e dos pactos de familia de Adolescencia Libre de Móbiles nesa liña.
Durante o acto de presentación da campaña e/ou da exposición itinerante presentarase e repartirase de balde guías da campaña “Escola saudábel”: como a guía en imaxes de Kiko da Silva (‘Medrar con pantallas non é progreso’), SMARTPHONE e ADOLESCENCIA. Orientacións prácticas para as familias e o folleto de apoio á exposición. Tamén podedes acceder aos 4 vídeos da campaña en: https://escuelasaludable.org/?p=6930
O persoal docente, poderá descargar unha ficha de actividade para traballar co seu alumnado trala visita á exposición.
Para calquera dúbida ou achega), podedes contactar connosco en info@escuelasaludable.org
O Concello de A Guarda colaborou coa difusión e facilitación do espazo para o acto e para a exposición de Kiko Da Silva. O seu alcade fixo a presentación e clausura institucional do acto. .
Escoita entrevista na Radio Municipal de Tui en: https://go.ivoox.com/rf/172087825























