- Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable, xunto a máis de 50 entidades a nivel global, invitan a sumarse ao reto Off February de desconectarse das Redes Sociais dos smartphones durante os 28 días de febreiro.
- Colaboran nesta campaña de concienciación global, lanzada polo Movemento Off, ante unha hiperconexión cotidiá que nos rouba o tempo e a atención e desconéctanos dunha vida relacional real e en comunidade.
- Chaman, igualmente, a participar nas distintas actividades programadas en Vigo como un roteiro, co lema “Camiña non fagas Scroll”, convocada simultaneamente a nivel global o sábado 7 en distintas localidades.
Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable colaboran e impulsan a campaña global ‘Off february’, que conta coa adhesión, entre outras de numerosas sociedades científicas do eido da saúde, e de numerosas organizacións críticas coa disruptiva hiperdixitalización, especialmente cando se fai precozmente nos menores sen atender as súas afectacións na saúde, a aprendizaxe e o desenvolvemento.
Non se trata de fuxir do mundo, senón de reconectar con el, e de aprender a facer un uso máis intencional e sobrio da tecnoloxía (sempre que se teña unha idade madurativa suficiente para iso, como recoméndase dende a pediatría).
Neste mes de febreiro invítanche a participar, na cidade de Vigo, nas seguintes actividades de libre acceso no Off February:
-
Sábado 7: ‘Camiña en vez de facer Scroll’. Saída as 12h do Café O Castro
Roteiro programado onde compartillar e coñecer o patrimonio ambiental e histórico-cultural do Parque do Monte do Castro.
Realizada simultaneamente en distintas cidades, ‘Camiña, non fagas scroll’, busca camiñar en compaña nun momento global como forma de lembrar que a vida non sucede a través dunha pantalla, senón fronte a nos.

Grazas a tódalas persoas que animáronnos a continuar coa convocatoria a pesar do pronóstico garantido de chuvía, posibilitándonos unha xornada de compartillamento colectivo e contacto coa natureza. Grazas a Xaquín Pastoriza polo seu interesante e ameno faladoiro interactivo (sen necesidad de pantallas) sobre as plantas do Monte do Castro e a súa orixe, así como da pegada da historia de Vigo neste monte, dende a cultura castrexa áta actualidade. Ver algunhas fotos da caminata. Escoitar entrevista no espazo «Con outra Voz» en RadioVoz o mesmo 07.02.2026 (do minuto 0:32 ao 0:45)
-
Xoves 19 ás 19h: Faladoiro co artista e ilustrador Kiko Da Silva no C.S. A Nubeira.
Conversa con Kiko Da Silva, creador das imaxes da Exposición: “Medrar con pantallas non é igual a progreso”. Distribuirase tamén o seu folleto de apoio (ver pdf en branco e negro) e mostrarase o díptico de apoio ao profesorado.
Kiko Da Silva é historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira Escola Profesional de Banda Deseñada de Galiza, O GARAXE HERMÉTICO e actualmente creador das viñetas diarias na súa sección en A Silveira de El Correo Gallego.
Na exposición de ilustracións de Kiko Da Silva, realizadas para a campaña ‘Escola Saudable’ de Ecoloxistas en Acción (escuelasaludable.org), o autor reflicte mensaxes cheas de retranca sobre a relación entre a tecnoloxía, a infancia e a adolescencia. Mensaxes gráficas que nos poden ser familiares ou convidar á reflexión.
Coa inaguración desta exposición itinerante, comezará a súa andadura no IES Politécnico de Vigo do 23 de febreiro ao 27 de febreiro. A partir desta data estará a disposición dos distintos centros de Galicia que o soliciten (info@escuelasaludable.org), así como do seu material de apoio.

Ver galería de fotos:
-
Venres 27 ás 19h: Faladoiro con Julio Rodríguez López no C.S. A Nubeira.
Conversa con Julio Rodríguez, biólogo, doutor en medicina molecular, psicólogo e master en educación. Conversaremos sobre o impacto das pantallas na saúde física y mental, na presentación do seu libro “Jugar por jugar, el juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje”
Dende a súa experiencia, lánzanos unha mensaxe clara: privar a nenas e nenos do xogo libre e espontáneo afecta directamente a o seu neurodesenvolvemento, creatividade, empatía e saúde mental.

Ver fotos:
Ver presentación do libro en Ourense do 6 de novembro de 2025:
Apúntache ao reto e participa!!!
Para saber máis sobre Of February: https://www.offm.org/off-festival

Noticias relacionadas:
Presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro
OFF February. Este mes de febrero apaga las redes, y enciende la vida






















