{"id":7781,"date":"2026-06-22T01:44:39","date_gmt":"2026-06-21T23:44:39","guid":{"rendered":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=7781"},"modified":"2026-07-08T12:55:50","modified_gmt":"2026-07-08T10:55:50","slug":"desproteccion-da-infancia-e-mocidade-coa-lei-de-educacion-dixital-de-galicia-unha-perda-de-oportunidade-un-novo-paso-atras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=7781","title":{"rendered":"Desprotecci\u00f3n da infancia e mocidade coa lei de educaci\u00f3n dixital de Galicia."},"content":{"rendered":"<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Adolescencia Libre de M\u00f3biles, \u201cEscola Saudable\u201d de Ecoloxistas en Acci\u00f3n e a Asociaci\u00f3n Educaci\u00f3n Activa desmontan os mitos tecnol\u00f3xicos nos que se sustenta a proposta de Lei de Educaci\u00f3n Dixital da Xunta por no atender aos criterios cient\u00edficos actuais e estar feita as costas das recomendaci\u00f3ns de paneis\/instituci\u00f3ns expertas e das principais sociedades sanitarias.<\/strong><\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Mostran a grave problema de sa\u00fade p\u00fablica infantoxuvenil da introduci\u00f3n precoz do uso de pantallas, plataformas e redes, e demandan aplicar no ensino ditas recomendaci\u00f3ns para protexer dos seus efectos negativos e disruptivos co\u00f1ecidos na aprendizaxe, no desenvolvemento cerebral e emocional, e na sa\u00fade mental e f\u00edsica.<\/strong><\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Demandan comezar un cambio de paradigma, xa iniciado a nivel internacional e en diferentes comunidades aut\u00f3nomas, en diferente grado, recuperando a lectura e escritura en papel, retirando pantallas, e limitando tempos do seu uso.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Adolescencia Libre de M\u00f3biles, o programa escuelasaludable.org de Ecoloxistas en Acci\u00f3n e a Asociaci\u00f3n Educaci\u00f3n Activa, presentan <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/30Consideracions.Anteproxecto.de_.lei_.Galicia.pdf\"><strong>30 consideraci\u00f3ns ao proxecto de Lei de educaci\u00f3n dixital de Galicia<\/strong><\/a> onde identifican os mitos tecnol\u00f3xicos nos que se sustenta, ao tempo que denuncian a desprotecci\u00f3n das persoas menores por non atender ao co\u00f1ecemento cient\u00edfico e as recomendaci\u00f3ns de paneis\/instituci\u00f3ns expertas, nin as recomendaci\u00f3ns das principais sociedades cient\u00edficas a nivel estatal do eido da medicina e a psicolox\u00eda.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>D<\/strong><strong>esprotecci\u00f3n na aprendizaxe:<\/strong><\/span><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dende 2006, os Informes <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Conclusiones.PISA_.resumen.pdf\">PISA<\/a> de avaliaci\u00f3n do rendemento acad\u00e9mico, m\u00f3str\u00e1n claramente que a maior uso de pantallas na aula, incentivada de novo neste proxecto de lei, peores son os resultados. Paneis de persoas\/instituci\u00f3ns expertas (<a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2021\/08\/Dictamen.Instituto.Karolinska.2023..pdf\">Suecia<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.inspq.qc.ca\/sites\/default\/files\/2024-02\/3434-utilisation-ecrans-contexte-scolaire-sante-jeunes.pdf\">Canad\u00e1<\/a>, <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/Francia\">Francia<\/a>, <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/Francia\">Espa\u00f1a<\/a>, \u2026) m\u00f3strannos <strong>os efectos negativos co\u00f1ecidos na aprendizaxe coa introduci\u00f3n precoz de pantallas nos menores: dimin\u00fae a concentraci\u00f3n, a memoria de traballo, a lecto-escritura, o desenvolvemento da linguaxe, a calidade das aprendizaxes -m\u00e1is superficiais e acr\u00edticos-; as\u00ed como compite (rouba oportunidades) coas interacci\u00f3ns humanas necesarias na maduraci\u00f3n e a aprendizaxe profunda<\/strong>.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>Desprotecci\u00f3n na sa\u00fade e o desenvolvemento:<\/strong><\/span><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Paneis de persoas\/instituci\u00f3ns expertas, sociedades cient\u00edficas do eido da sa\u00fade, co co\u00f1ecemento cient\u00edfico actual, m\u00f3strannos o efecto disruptivo co\u00f1ecido do uso precoz de pantallas no neurodesenvolvemento e na sa\u00fade mental e f\u00edsica:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No neurodesenvolvemento: <strong>retraso na linguaxe e psicomotor, menor desenvolvemento cognitivo e coeficiente intelectual, dificultade na xesti\u00f3n emocional e no desenvolvemento da autorregulaci\u00f3n, menor volume cerebral en \u00e1reas clave -temporal, parietal, frontal-, deterioro da memoria de traballo e aumento da impulsividade, hiperactivaci\u00f3n do sistema l\u00edmbico, dificultade no desenvolvemento do control de impulsos, deterioro da atenci\u00f3n sostida.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na sa\u00fade mental: <strong>condutas adictivas, depresi\u00f3n, ansiedade, problemas de concentraci\u00f3n, baixa autoestima, trastornos alimentarios, alteraci\u00f3ns do sono, pensamentos \/ pr\u00e1cticas suicidas\u2026<\/strong>) e f\u00edsica (<strong>obesidade, risco cardiometab\u00f3lico, fatiga visual, miop\u00eda, peores habilidades motoras, alteraci\u00f3ns musculoesquel\u00e9ticas<\/strong>,\u2026),<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>A proposta de Lei Dixital de Galicia, deber\u00eda reformularse comezando por aplicar as recomendaci\u00f3ns da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Pediatr\u00eda (AEP), <\/strong>asumidas na actualidade por, ao menos, 17 sociedades cient\u00edficas da medicina e da psicolox\u00eda: <a href=\"https:\/\/www.aeped.es\/actualidad\/aep-actualiza-sus-recomendaciones-sobre-uso-pantallas-en-infancia-y-adolescencia\"><strong>establecer tempos m\u00e1ximos de pantallas<\/strong><\/a><strong> (non usar pantallas at\u00e9 os 6 anos, non m\u00e1is dunha hora ao d\u00eda entre os 7 e os 12 anos, e d\u00faas horas a partir dos 13 anos, inclu\u00edndo o horario escolar<\/strong>), <strong>postergar o primeiro smartphone e o acceso a redes sociais at\u00e9 os 16 anos, e <\/strong><a href=\"https:\/\/static.aeped.es\/ndp_competencia_digital_4c32c094d1.pdf\"><strong>educar do dixital (e preparar para un mundo dixital)<\/strong><\/a> <strong>sen introducir ao alumnado como usuario de dispositivos, redes nin plataformas. <\/strong>A innovaci\u00f3n no eido educativo (e no eido da protecci\u00f3n da sa\u00fade e o desenvolvemento) at\u00f3pase nunha desescalada dixital nos centros educativos, non na introduci\u00f3n disruptiva de pantallas nunha poboaci\u00f3n infantoxuvenil m\u00e1is vulner\u00e1bel a s\u00faa fascinaci\u00f3n adict\u00f3xena e o roubo da atenci\u00f3n.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">De feito, metodolox\u00edas sen pantallas, como a Unplugged, demostraron favorecer, en maior medida, o desenvolvemento do pensamento computacional e da competencia dixital dende unha perspectiva cr\u00edtica. Por iso, en base \u00e1s recomendaci\u00f3ns da AEP e a evidencia cient\u00edfica no \u00e1mbito educativo, as escolas deber\u00edan converterse en refuxios libres da omnipresenza das pantallas, onde prime o anal\u00f3xico e se potencien metodolox\u00edas activas, investigativas e participativas.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>Desprotecci\u00f3n na privacidade<\/strong><\/span><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Autoridade de Protecci\u00f3n de Datos austr\u00edaca ditaminou recentemente que Microsoft 365 Education, usado gratuitamente nas aulas, rastrexaba ilegalmente ao alumnado e violaba o seu regulamento de protecci\u00f3n de datos ao non dar acceso total \u00e1 informaci\u00f3n recompilada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Lei dixital de Galicia da Xunta non afronta medidas de fondo como migrar progresivamente a software libre os sistema operativos e ferramentas usadas, ou formas reais de control da privacidade en plataformas, comunicaci\u00f3ns electr\u00f3nicas, etc.; ante uns servizos dixitais das grandes compa\u00f1\u00edas tecnol\u00f3xicas incompat\u00edbeis coa a privacidade.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>Por que Galicia persiste nun enfoque xa superado, e non atende ao cambio de paradigma iniciado dentro e f\u00f3ra do Estado espa\u00f1ol?<\/strong><\/span><\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pa\u00edses n\u00f3rdicos (como Suecia, Finlandia, Dinamarca e Noruega), pioneiros na dixitalizaci\u00f3n escolar, xa acometeron un cambio de paradigma, seguidos, en diferente grao, por outros pa\u00edses, ao atender ao co\u00f1ecemento cient\u00edfico e as recomendaci\u00f3ns de paneis de persoas expertas, instituci\u00f3ns como o Instituto Karolinska e sociedades cient\u00edficas do \u00e1mbito da sa\u00fade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En EE. UU, se en maio de 2026 a Xunta Escolar do Distrito Unificado de Los \u00c1ngeles\u00a0 aproba por unanimidade limitar o tempo de pantalla atendendo as alertas cient\u00edficas, dende xaneiro de 2026, 4 Estados xa aprobaron leis nesta li\u00f1a e xa son 10 Estados os que tramitan proxectos de lei similares, solicitados por plataformas de familias e os seus principais sindicatos docentes e con apoios transversais nos seus respectivos parlamentos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Espa\u00f1a, a comunidade catal\u00e1 comezou este curso retirando pizarras dixitais d\u00e1 etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a c\u00e1ntabra (orde auton\u00f3mica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (curr\u00edculos escolares), tam\u00e9n propo\u00f1en a retirada nesta etapa. Comunidades aut\u00f3nomas como a madrile\u00f1a ou a catal\u00e1 reverten a introduci\u00f3n de dispositivos dixitais individuais (DDI) at\u00e9 a ESO ou at\u00e9 6\u00ba de primaria, respectivamente. O tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando segundo a etapa, de 1 a 2 horas\/d\u00eda na comunidade murciana, entre 2-4 horas en primaria e 2-4 horas\/d\u00eda en secundaria na comunidade aragonesa, e, no caso dos dispositivos dixitais compartidos (DDC), entre 1 ou 2 horas \u00e1 semana na comunidade madrile\u00f1a no eido do ensino primario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Concellos galegos xa apoiaron, nalg\u00fan grado, debates de desescalada dixital nos menores (<a href=\"https:\/\/anpaasangrina.com\/faladoiro-desconectar-para-conectar\/\">A Guarda<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.quepasanacosta.gal\/articulo\/cabana\/maria-cousa\/20231109094508150192.html\">Cabana<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/anpahumbertojuanes\/p\/DV9ExRgjA36\/?hl=es\">Nigr\u00e1n<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.somoscomarca.es\/articulo\/obarco\/exito-charla-maria-couso-xxiii-encontros-familia-esocla-organizados-vagalume\/20260225111816213561.html\">O Barco<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.concellodogrove.es\/noticia.html?id=2889\">O Grove<\/a>, <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=7337\">Oleiros<\/a>, <a href=\"https:\/\/scontent.fvgo1-1.fna.fbcdn.net\/v\/t39.30808-6\/684481357_1289594470018799_2492973727359075113_n.jpg?stp=dst-jpg_tt6&amp;cstp=mx1440x1920&amp;ctp=s1440x1920&amp;_nc_cat=105&amp;ccb=1-7&amp;_nc_sid=127cfc&amp;_nc_ohc=vUdGKKgJPhsQ7kNvwFAPEiz&amp;_nc_oc=AdpnRZirc3ngWKa9vg0gW15XX-JH6rrlFjRBnPFn-NBd06hT2r2Udli3mgJWVL0vwek&amp;_nc_zt=23&amp;_nc_ht=scontent.fvgo1-1.fna&amp;_nc_gid=1Eeo8c9emCzOIVKRRU_8ZQ&amp;_nc_ss=7a2a8&amp;oh=00_Af9dHikfKYtVgXvsxnVD01kTgRa07kVbQGrCnKNBUGk8KA&amp;oe=6A3E43EC\">Pontevedra<\/a>, <a href=\"https:\/\/tomino.gal\/semana-da-educacion-2026\/\">Tomi\u00f1o<\/a>,&#8230;),\u00a0 apoian o atraso no uso do m\u00f3bil (<a href=\"https:\/\/www.allariz.gal\/allariz-crea-a-rede-espazo-amigo-da-infancia-para-protexer-os-menores-e-apoiar-o-atraso-no-uso-do-mobil\/\">Concello de Allariz<\/a>), ou alegan contra esta lei pola desprotecci\u00f3n dos menores (<a href=\"https:\/\/www.oleiros.org\/es\/-\/o-concello-denuncia-os-efectos-devastadores-da-lei-de-educaci\u00f3n-dixital-para-os-nenos-e-nenas-galegos\">Concello de Oleiros<\/a>).<\/p>\n<h5><strong>Ver nota de prensa en <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/DESPROTECCION-INFANCIA-MOCIDADE-LEI-EDUCACION-DIXITAL-GALICIA.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pdf<\/a>.<\/strong><\/h5>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>DOCUMENTO ANEXO: 30 consideraci\u00f3ns ao proxecto de Lei de educaci\u00f3n dixital de Galicia abajo y en <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/30Consideracions.Anteproxecto.de_.lei_.Galicia.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pdf<\/a>:<\/strong><\/p>\n<a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/30Consideracions.Anteproxecto.de_.lei_.Galicia.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">30Consideraci\u00f3ns.Anteproxecto.de.lei.Galicia<\/a>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>*<\/strong><a href=\"https:\/\/www.adolescencialibredemoviles.es\/\"><strong>Adolescencia Libre de M\u00f3biles<\/strong><\/a> (plataforma galega integrada no movemento estatal de m\u00e1is de 30.000 familias y profesionais da sa\u00fade, educaci\u00f3n e tecnolox\u00eda) <strong>e o programa <\/strong><a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/\"><strong>escuelasaludable.org<\/strong><\/a><strong> da Confederaci\u00f3n de Ecoloxistas en Acci\u00f3n, son integrantes de la Plataforma Control Z, xunto con 17 sociedades cient\u00edficas do eido da medicina e a psicolox\u00eda<\/strong> como as: de pediatr\u00eda (AEP), de psiquiatr\u00eda Infantil e adolescencia (AEPNYA), de medicina da adolescencia (SEMA), de Neurolox\u00eda (SEN), de oftalmopediatr\u00eda (SEDOP), de psicolox\u00eda cl\u00ednica iInfanto-xuvenil (SEPCIJ), da psicolox\u00eda (Consello Xeral de Psicolox\u00eda de Espa\u00f1a), da neurolox\u00eda pedi\u00e1trica (SENEC), de pediatr\u00eda de atenci\u00f3n primaria (AEPAP), de pediatr\u00eda extrahospitalaria e atenci\u00f3n primaria (SEPEAP), de neuropsicolox\u00eda cl\u00ednica (CNC), da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Neuropsicolox\u00eda Espa\u00f1olas (FANPSE),&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">* A <a href=\"https:\/\/bio.site\/educacionactiva?fbclid=IwY2xjawSj9GFleHRuA2FlbQIxMABzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeHmEk4M8HW1Q3OJLoiJgJA4hKfZVWjndo5jjTbQ8jEjIr8R1imJ_XbtefPxA_aem_SkU4sIOoZqwvHmVWqs-Ulw\"><strong>Asociaci\u00f3n Educaci\u00f3n Activa<\/strong><\/a>, \u00e9 unha entidade sen \u00e1nimo de lucro de familias e docentes que impulsa unha transformaci\u00f3n educativa e social baseada na evidencia cient\u00edfica, a participaci\u00f3n comunitaria e o respecto \u00e1 infancia e adolescencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">* <strong>A <a href=\"https:\/\/www.femp.es\/noticias\/2026\/06\/10\/la-femp-y-la-plataforma-control-z-se-unen-para-proteger-a-los-menores-de-la-hiperconexion-digital\">Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Municipios y Provincias<\/a> (FEMP) ven de asinar un convenio coa Plataforma Control Z<\/strong>, na que comprom\u00e9tese a promover o Plan Dixital Familiar da AEP (apoiado por 17 sociedades cient\u00edficas), incompat\u00edbel coa actual proposta de Lei Dixital de Galicia, as\u00ed como promover o Pacto de familias de Adolescencia Libre de M\u00f3biles para atrasar a introduci\u00f3n dun primeiro Smartphone.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adolescencia Libre de M\u00f3biles, \u201cEscola Saudable\u201d de Ecoloxistas en Acci\u00f3n e a Asociaci\u00f3n Educaci\u00f3n Activa desmontan os mitos tecnol\u00f3xicos nos que se sustenta a proposta de Lei de Educaci\u00f3n Dixital da Xunta por no atender aos criterios cient\u00edficos actuais e estar feita as costas das recomendaci\u00f3ns de paneis\/instituci\u00f3ns expertas e das principais sociedades sanitarias. Mostran [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7791,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[180],"tags":[],"class_list":["post-7781","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actividades"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7781","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7781"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7781\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7815,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7781\/revisions\/7815"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/7791"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7781"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}