{"id":6263,"date":"2025-07-21T13:12:28","date_gmt":"2025-07-21T11:12:28","guid":{"rendered":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=6263"},"modified":"2025-07-21T13:19:21","modified_gmt":"2025-07-21T11:19:21","slug":"os-campamentos-dixitais-da-xunta-e-da-fundacion-cibervoluntarios-contravenen-con-fondos-publicos-as-recomendacions-pediatricas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=6263","title":{"rendered":"Os Campamentos Dixitais da Xunta e da Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios contrave\u00f1en, con fondos p\u00fablicos, as recomendaci\u00f3ns pedi\u00e1tricas"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong> Ecoloxistas en Acci\u00f3n e Adolescencia Libre de M\u00f3biles denuncian a financiaci\u00f3n p\u00fablica dos Campamentos Dixitais de ver\u00e1n da Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios e das 9.300 prazas da Xunta de Galicia, as\u00ed como a implicaci\u00f3n acr\u00edtica duns 60 Concellos (*) e de diferentes centros de ensino p\u00fablico e concertados, na difusi\u00f3n e xesti\u00f3n das inscrici\u00f3ns de nenas, nenos e adolescentes.<\/strong><\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong> As organizaci\u00f3ns consideran inxustific\u00e1bel o aval do Ministerio de Infancia e Xuventude e a implicaci\u00f3n das diferentes Administraci\u00f3ns p\u00fablicas, nestes campamentos, en contra das recomendaci\u00f3ns das sociedades cient\u00edficas de referencia, que sinalan a necesidade da desconexi\u00f3n dixital integral das e dos menores, inclu\u00eddo o per\u00edodo estival.<\/strong><\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong> Denuncian que ditos campamentos\u00a0 antepo\u00f1an o interese da industria baixo o mito dun uso respons\u00e1bel e saud\u00e1bel non propio da s\u00faa idade madurativa, como reco\u00f1ecen e alertan dende o eido pedi\u00e1trico, neurol\u00f3xico, psicol\u00f3xico e psiqui\u00e1trico.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ecoloxistas en Acci\u00f3n e Adolescencia Libre de M\u00f3biles destacan que a informaci\u00f3n que os campamentos dixitais ofrecen \u00e1s familias obvia o rol disruptivo do inicio precoz de pantallas e redes sociais. Todo iso nun contexto de progresivo posicionamento de sociedades cient\u00edficas, e a crecente conciencia social, sobre os efectos adversos co\u00f1ecidos do uso de dispositivos dixitais e redes na aprendizaxe, o desenvolvemento e a sa\u00fade das e dos menores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As organizaci\u00f3ns sinalan como as actividades ofertadas en devanditos campamentos dixitais estivais non responden a necesidades de aprendizaxe realistas, nin contemplan as limitadas capacidades do estadio madurativo nestas idades para poder afrontar un uso cr\u00edtico e respons\u00e1bel do universo dixital e as s\u00faas estratexias adictivas. Pola contra, consideran que interfiren na formaci\u00f3n de capacidades cognitivas esenciais para a aprendizaxe: concentraci\u00f3n, memoria de traballo, pensamento l\u00f3xico-matem\u00e1tico, comprensi\u00f3n lectora, comprensi\u00f3n e integraci\u00f3n da informaci\u00f3n, desenvolvemento psicomotor ou creatividade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n denuncian que a introduci\u00f3n das e dos menores en plataformas e redes sociais, en xornadas de cinco horas de conexi\u00f3n ao d\u00eda, transgride as actuais recomendaci\u00f3ns da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Pediatr\u00eda (AEP) de educar no dixital <a href=\"https:\/\/www.aeped.es\/comite-promocion-salud\/noticias\/los-pediatras-defienden-que-aprendizaje-competencia-digital-en-entorno-escolar\"><strong>sen pantallas<\/strong><\/a> e dos <a href=\"https:\/\/www.aeped.es\/sites\/default\/files\/20241205_ndp_aep_actualizacion_plan_digital_familiar_def.pdf\">tempos de exposici\u00f3n a pantallas<\/a> (cero horas en menores de 6 anos, menor a unha hora ao d\u00eda entre sete e doce anos, e menos de d\u00faas horas entre trece e dezaseis, inclu\u00eddo tempo de escola e deberes). Recomendaci\u00f3ns <a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2025\/07\/08\/pediatras-psiquiatras-abogan-desescalar-pantallas-119493699.html\">recentemente avaladas<\/a> por <a href=\"https:\/\/www.infosalus.com\/asistencia\/noticia-asociaciones-cientificas-sociedad-civil-presentan-plataforma-abordar-hiperconexion-digital-20250708120558.html\">sociedades m\u00e9dicas e psicol\u00f3xicas<\/a> de referencia como a Sociedade Espa\u00f1ola de Neuroloxia, o Consello Xeral de Psicoloxia de Espa\u00f1a e a Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Psiquiatr\u00eda da Infancia e da Adolescencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A propia ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, que avalou as subvenci\u00f3ns a esta actividade estival con fondos Next Generation (63,25 mill\u00f3ns de euros a nivel estatal \u00e1 Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios e uns dous mill\u00f3ns de euros \u00e1 Xunta de Galicia) para facilitar o acceso \u00e1 poboaci\u00f3n con menos recursos,<a href=\"https:\/\/elpais.com\/sociedad\/2025-06-27\/sira-rego-la-industria-tecnologica-esta-haciendo-caja-con-la-explotacion-infantil.html\"> reco\u00f1ec\u00eda e denunciaba recentemente<\/a> que \u201ca industria tecnol\u00f3xica est\u00e1 \u2018facendo caixa\u2019 coa explotaci\u00f3n infantil\u201d. De feito, o Proxecto de Lei para a protecci\u00f3n das persoas menores de idade nas contornas dixitais, auspiciado pola ministra e actualmente no Congreso, xa prohibir\u00eda o simple acceso a redes dos menores de dezaseis anos participantes en ditos campamentos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A AEP xa solicitou en<a href=\"https:\/\/www.aeped.es\/comite-promocion-salud\/noticias\/los-pediatras-defienden-que-aprendizaje-competencia-digital-en-entorno-escolar\"> abril de 2025<\/a> que \u201ca aprendizaxe da competencia dixital se desenvolva sen pantallas\u201d. En palabras da pediatra Mar\u00eda Salmer\u00f3n, a introduci\u00f3n de pantallas en menores \u201cnon s\u00f3 non \u00e9 necesaria, se non que resulta prexudicial\u201d, e incide en que a competencia dixital non implica expor a pantallas se non que \u201c\u00e9 pensar criticamente, saber protexerse nas contornas dixitais, entender como funcionan os algoritmos, identificar \u2018bulos\u2019 ou participar activamente nunha sociedade conectada, contidos que poden empezarse a traballar sen necesidade de recorrer a dispositivos\u201d. Julio \u00c1lvarez Pitti, tam\u00e9n membro da AEP, engade que \u201ca educaci\u00f3n dixital debe adaptarse \u00e1 etapa de desenvolvemento do alumnado. Iniciar esa aprendizaxe sen pantallas permite sentar unhas bases s\u00f3lidas y saud\u00e1beis para unha alfabetizaci\u00f3n dixital cr\u00edtica\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ecoloxistas en Acci\u00f3n e Adolescencia Libre de M\u00f3biles alertan de que,\u00a0 con iniciativas como as dos campamentos dixitais, c\u00f3rrese o risco de perpetuar os mitos do \u201cuso responsable e saud\u00e1bel\u201d de ferramentas adictivas en menores e o de \u201cpechar a fenda dixital\u201d como escusa para introducir pantallas en todas as etapas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n advirten de que os estratos socioecon\u00f3micos m\u00e1is vulner\u00e1beis son os m\u00e1is prexudicados coa oferta gratu\u00edta destas actividades, que substit\u00faen a outras, m\u00e1is oportunas e necesarias no per\u00edodo estival. Asemade, reclaman \u00e1s distintas Administraci\u00f3ns dirixir o apoio p\u00fablico a actividades \u201cdesconectadas\u201d no tempo de ocio, como \u00e9 o ver\u00e1n, na li\u00f1a recomendada por expertos\/as, para facilitar o acceso a campamentos na natureza, en conexi\u00f3n ao mundo que lles rodea en lugar de a pantallas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>A opini\u00f3n de persoas expertas:<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Xulio Carmona<\/strong>, enfermeiro en sa\u00fade mental, experto en adicci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas e coordinador confederal da campa\u00f1a Escola Saludable de Ecoloxistas en Acci\u00f3n, declarou: \u201cMentres dende a pediatr\u00eda, psiquiatr\u00eda, psicolox\u00eda, neurolox\u00eda, ap\u00e9lase \u00e1 desescalada dixital dos menores, as distintas administraci\u00f3ns mostran a ausencia dun criterio protector claro ante as presi\u00f3ns de dixitalixaci\u00f3n e seduci\u00f3n adictiva de nenas, nenos e adolescentes, mesmo\u00a0 no tempo de lecer estival. Ensinar a ordenar \u00e1 IA a fabricaci\u00f3n de canci\u00f3ns, imaxes ou a responder preguntas, como publicitan, \u00e9 s\u00f3 un exemplo da perda de oportunidades para desenvolver aprendizaxes significativas na vivencia real\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola s\u00faa banda, <strong>Mar\u00eda Couso<\/strong>, pedagoga, mestra, m\u00e1ster en Psicopedagox\u00eda Cl\u00ednica e Neuroeducaci\u00f3n, e divulgadora da importancia dos xogos de mesa no desenvolvemento da infancia, <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=6044\">apuntou<\/a>: \u201cAs\u00ed que, de existir fondos p\u00fablicos para programas infantoxuven\u00eds, por que non aproveitamos para afastalos das pantallas? [\u2026] Que os nenos no noso pa\u00eds de clases socioecon\u00f3micas baixas te\u00f1en puntuaci\u00f3ns tremendamente altas no seu peso corporal, que a accesibilidade a unha correcta linguaxe, a unha correcta estimulaci\u00f3n para o desenvolvemento dos nosos nenos, xera unha brecha social en detrimento das clases econ\u00f3micas baixas. Pero, \u2018o teu fillo necesita un campamento dixital\u2019 [\u2026] Este proxecto [de Campamentos Dixitais] manifesta o pouco que saben sobre infancia e adolescencia os nosos dirixentes pol\u00edticos\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Diego Hidalgo<\/strong>, impulsor do Movemento OFF, engadiu: \u201cFomentar, co apoio de fondos p\u00fablicos considerables, que menores desde o nove anos realicen un campamento dixital intensivo parece anacr\u00f3nico, tomando en consideraci\u00f3n a abundante evidencia cient\u00edfica que mostra as consecuencias nefastas da hiperconexi\u00f3n na infancia e a adolescencia, en termos de sa\u00fade f\u00edsica, psicol\u00f3xica e cognitiva. As competencias necesarias para sacar o maior proveito da contorna dixital adqu\u00edrense no mundo <em>offline<\/em>, non aprendendo a &#8216;crear unha estratexia para situarse nas redes sociais\u2019 ou \u2018aprender a realizar v\u00eddeos con engache&#8217; [\u2026] O reto que enfrontamos como sociedade non \u00e9 o do maior acceso \u00e1 tecnolox\u00eda dixital, sen\u00f3n o do seu consumo crecente e excesivo.\u201d\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Mar Espa\u00f1a<\/strong>, exdirectora da Axencia Espa\u00f1ola de Protecci\u00f3n de Datos (AEPD) e directora da <a href=\"https:\/\/www.antena3.com\/noticias\/economia\/plataforma-control-iniciativa-uso-excesivo-pantallas-2012-trastornos-mentales-menores-han-aumentado-300_20250708686d74a52a539d013f682101.html\">Plataforma<\/a> Control Z,<a href=\"https:\/\/elpais.com\/tecnologia\/2025-06-13\/mar-espana-exdirectora-de-la-aepd-si-no-les-damos-alcohol-tabaco-o-drogas-a-los-14-anos-por-que-les-regalamos-un-movil.html\"> manifestou recentemente<\/a> a necesidade de adaptar o ensino dixital dentro e f\u00f3ra das aulas ao que recomenda a Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Pediatr\u00eda: \u201cNon pode ser que haxa familias responsables que atrasen a entrega do m\u00f3bil, a pesar da presi\u00f3n social que hai, e logo imp\u00f3\u00f1aselles no colexio ou o instituto o uso de dispositivos que est\u00e1n a provocar adicci\u00f3ns e outros problemas de sa\u00fade mental. Estamos ante unha emerxencia de sa\u00fade p\u00fablica, os gobernos non poden mirar cara a outro lado\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Isabel \u00c1lvarez, <\/strong>voceira de Adolescencia Libre de M\u00f3biles de Galicia, declarou: \u201cAs familias no eido da ALM sum\u00e1monos \u00e1s recomendaci\u00f3ns da AEP fomentando ferramentas como os <a href=\"https:\/\/www.pacto.adolescencialibredemoviles.es\/\">Pactos de Familias<\/a> para postergar a entrega de smartphones \u00e1 vida dos nosos fillos e fillas. Reclamamos que se garantan as achegas pedi\u00e1tricas de atender \u00e1 idade antes de introducir pantallas dentro e f\u00f3ra da escola, as\u00ed como traballar as competencias dixitais sen necesidade de exporlles a elas. O ver\u00e1n \u00e9 a \u00e9poca ideal para aparcar pantallas e rachar coa refutada rutina dixital escolar. Os fondos p\u00fablicos deber\u00edan ir encami\u00f1ados a actividades ao aire libre, deportes, socializar, co\u00f1ecer o medio, etc.\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>* Anexos \u00e1 nota de prensa:<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">1.- Alg\u00fans dos concellos galegos implicados na organizaci\u00f3n e promoci\u00f3n de \u201ccampamentos dixitais\u201d:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>&#8211; <\/strong><u>Na provincia de A Coru\u00f1a<\/u>: A Coru\u00f1a, A Laracha, Ames, As Somozas, Arzua, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cerceda, Dodro, Fene, Mi\u00f1o, Muros, Nar\u00f3n, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padr\u00f3n, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurni\u00f1o, Santa Comba,Trazo, Touro, Valdovi\u00f1o\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>&#8211; <\/strong><u>Na provincia de Pontevedra<\/u>:\u00a0 A Estrada, A Guarda,\u00a0 Baiona, Barro, Cuntis, Mos, O Porri\u00f1o, Poio, Redondela, Rois, Silleda, Tomi\u00f1o, Vigo, Vilagarc\u00eda&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>&#8211; <\/strong><u>Na provincia de Ourense<\/u>: Bande, Barbad\u00e1s, Celanova, Ourense, Maceda, Vilar de Santos, Vimianzo\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>&#8211; <\/strong><u>Na provincia de Lugo<\/u>: Alfoz, Barreiros, Chantada, Guitiriz, Monterroso, Ribadeo, Vilalba, Viveiro\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">2.- M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Campamentos.digitales.Cibervoluntarios-.2025.pdf\">\u00a0https:\/\/escuelasaludable.org\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Campamentos.digitales.Cibervoluntarios-.2025.pdf<\/a><\/p>\n<h5 style=\"text-align: justify;\"><strong>\u00a0Ver tam\u00e9n en:<\/strong><\/h5>\n<blockquote class=\"wp-embedded-content\" data-secret=\"WteY9sUlpt\"><p><a href=\"https:\/\/www.ecologistasenaccion.org\/344395\/denuncian-que-os-campamentos-dixitais-da-xunta-e-da-fundacion-cibervoluntarios-contravenen-as-recomendacions-pediatricas\/\">Denuncian que os Campamentos Dixitais da Xunta e da Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios contrave\u00f1en as recomendaci\u00f3ns pedi\u00e1tricas<\/a><\/p><\/blockquote>\n<p><iframe loading=\"lazy\" class=\"wp-embedded-content\" sandbox=\"allow-scripts\" security=\"restricted\" style=\"position: absolute; visibility: hidden;\" title=\"\u00abDenuncian que os Campamentos Dixitais da Xunta e da Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios contrave\u00f1en as recomendaci\u00f3ns pedi\u00e1tricas\u00bb \u2014 Ecologistas en Acci\u00f3n\" src=\"https:\/\/www.ecologistasenaccion.org\/344395\/denuncian-que-os-campamentos-dixitais-da-xunta-e-da-fundacion-cibervoluntarios-contravenen-as-recomendacions-pediatricas\/embed\/#?secret=3w6NFfXbpK#?secret=WteY9sUlpt\" data-secret=\"WteY9sUlpt\" width=\"500\" height=\"282\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ecoloxistas en Acci\u00f3n e Adolescencia Libre de M\u00f3biles denuncian a financiaci\u00f3n p\u00fablica dos Campamentos Dixitais de ver\u00e1n da Fundaci\u00f3n Cibervoluntarios e das 9.300 prazas da Xunta de Galicia, as\u00ed como a implicaci\u00f3n acr\u00edtica duns 60 Concellos (*) e de diferentes centros de ensino p\u00fablico e concertados, na difusi\u00f3n e xesti\u00f3n das inscrici\u00f3ns de nenas, nenos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":6267,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[180],"tags":[],"class_list":["post-6263","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actividades"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6263","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6263"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6263\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6271,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6263\/revisions\/6271"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/6267"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6263"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6263"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6263"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}