{"id":6081,"date":"2024-05-28T19:28:45","date_gmt":"2024-05-28T17:28:45","guid":{"rendered":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=6081"},"modified":"2025-06-09T20:13:16","modified_gmt":"2025-06-09T18:13:16","slug":"roman-menos-e-dixgal-e-mais-persoal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/escuelasaludable.org\/?p=6081","title":{"rendered":"Rom\u00e1n, \u00a1menos E-Dixgal e m\u00e1is persoal!"},"content":{"rendered":"<h5 style=\"text-align: justify;\"><strong><span style=\"color: #333399;\">Dende a campa\u00f1a &#8216;Escuela saludable&#8217; de Ecoloxistas en Acci\u00f3n reproducimos esta carta do STEG dirixida ao conselleiro de Educaci\u00f3n da Xunta de Galicia. Ver orixinal en: <a href=\"https:\/\/www.steg.gal\/Roman-%C2%A1menos-E-Dixgal-e-mais-persoal!\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/www.steg.gal\/Roman-%C2%A1menos-E-Dixgal-e-mais-persoal!\/\u00a0<\/a><\/span><\/strong><\/h5>\n<h3 style=\"text-align: justify;\"><strong>Rom\u00e1n, \u00a1menos E-Dixgal e m\u00e1is persoal!<\/strong><\/h3>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Carta aberta ao Conselleiro de educaci\u00f3n\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Prezado Conselleiro,<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No ano 2010 a s\u00faa Conseller\u00eda botou a andar, como ferramenta dixital para modernizar o ensino galego, o denominado proxecto E-Dixgal e entendemos polo tanto que chegou o tempo de facer balance. Lamentablemente, como en tantos outros proxectos estrela desta administraci\u00f3n, este balance non pode ser outro que profundamente decepcionante.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ben sabemos que est\u00e1n vostedes en plena campa\u00f1a de negaci\u00f3n desta evidencia por terra, mar e aire en t\u00f3dolos medios que lles son af\u00edns para maquillar esta realidade con estat\u00edstica cosm\u00e9tica. Os n\u00fameros que supostamente avalan este proxecto de educaci\u00f3n dixital son que, nos \u00faltimos 10 anos, o alumnado destinatario medrou de 2.500 a 63.000 e que dos 630 centros inscritos, s\u00f3 abandonaron 30.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ser\u00eda por parte deste sindicato unha necidade discutir esta pura matem\u00e1tica pero por que non lle contamos \u00e1s familias a verdadeira realidade que se agacha detr\u00e1s de E-Dixgal, por que non lle contamos o que pasa na trastenda? E dicimos que \u00e9 importante contarllo \u00e1s familias porque o profesorado galego \u00e9 plenamente consciente do que lle vamos explicitar a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A realidade se\u00f1or conselleiro \u00e9 que os centros educativos, a\u00ednda que na teor\u00eda participan voluntariamente neste programa, son apartados do acceso a outros recursos dixitais se non entran en E-Dixgal. \u00c9 evidente que calquera centro precisa dunha dotaci\u00f3n dixital (aulas de inform\u00e1tica, can\u00f3ns e encerados dixitais, mantemento de equipos&#8230;) e prod\u00facese un chantaxe encuberto por parte desta conseller\u00eda, se precisas esas dotaci\u00f3ns debes entrar&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Falemos agora dos \u201cpoucos\u201d centros que abandonan o proxecto&#8230; En primeiro lugar, os centros te\u00f1en obriga de permanencia de catro anos e, pasados eses catro anos, este compromiso ren\u00f3vase de xeito autom\u00e1tico. O \u00fanico xeito de sa\u00edr desta roda infinita \u00e9 realizar unha renuncia expresa por parte do Claustro e do Consello Escolar. M\u00e1is por que non lle conta, se\u00f1or conselleiro, \u00e1 comunidade educativa e \u00e1s familias o que sucede cos centros que superan t\u00f3dalas trabas impostas para sa\u00edr e re\u00fanen todos estes requisitos impostos? Por que non conta que reciben a visita do servizo de inspecci\u00f3n e da asesor\u00eda Abalar de zona para presionar a eses claustros para que non abandonen? Por que non conta que mesmo se lles ofrece, como \u00faltimo recurso, que aparquen os libros electr\u00f3nicos e retomen os libros ordinarios pero sen abandonar formalmente o proxecto? Todo por manter esta cosm\u00e9tica estat\u00edstica!<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">A que ven tanto interese en seguir sumando adeptos cando todo o mundo \u00e9 consciente que esa suposta modernidade superficial que tanto lle gusta \u00e1 Xunta de Galiza, esa foto tan prezada de ver unha clase ateigada de pantallas, \u00e9 algo superado. A calidade educativa non est\u00e1 aqu\u00ed se\u00f1or conselleiro e os pa\u00edses punteiros no eido da innovaci\u00f3n educativa est\u00e1n a percorrer o cami\u00f1o exactamente inverso, chegan vostedes por desgraza outra vez tarde!<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">O informe PISA determina que o alumnado de 15 a\u00f1os que le en papel mellora a s\u00faa comprensi\u00f3n lectora tres veces m\u00e1is que o que s\u00f3 le de xeito dixital, o exhaustivo estudio do ISEAK, realizado en 22 pa\u00edses e nas 17 CC. AA. do estado, \u00e9 demoledor relacionando este tipo de proxectos cunha diminuci\u00f3n significativa do rendemento escolar.<\/p>\n<blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">Isto s\u00f3 no que se refire ao rendemento escolar, deixando de lado toda a evidencia cient\u00edfica que relaciona a sobreexposici\u00f3n \u00e1s pantallas co retraso no desenrolo cognitivo das crianzas entre moitas outras cousas.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por\u00e9n a esta administraci\u00f3n non s\u00f3 se lle pode achacar ir a contracorrente, sumando horas de pantalla ao alumnado. Este interese en persistir no erro non \u00e9 un interese destinado a favorecer ao alumnado sen\u00f3n a favorecer outros actores&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">S\u00f3 nos \u00faltimos cinco anos licit\u00e1ronse 23 contratos relacionados con E-Dixgal por un valor superior a 100 mill\u00f3ns de euros (concretamente 101.889.510,53 euros). Contratos que foron parar a grandes multinacionais como\u00a0\u00a0Telef\u00f3nica,\u00a0 Everis\u00a0o El Corte Ingl\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero que dicir dos contidos ofertados nestes libros dixitais. Calquera docente que os utilizara sabe que ditos contidos son incompletos, de p\u00e9sima calidade, absolutamente inexistentes en moitas materias e totalmente residuais na nosa lingua. Iso si, os contratos f\u00f3ronlle adxudicados \u00e1 multinacional Pearson e ao Grupo Planeta (La Raz\u00f3n, Atresmedia), nada novo baixo o sol\u2026 Pero o que resulta totalmente surrealista \u00e9 que a resposta da Xunta a esta eiva evidente de calidade nos contidos \u00e9 que se trata dunha ferramenta aberta e novidosa, que \u00e9 o propio profesorado o que se debe formar e completar ditos contidos. Se\u00f1or conselleiro, o profesorado sempre complementou e adaptou os contidos \u00e1 realidade concreta do seu alumnado, m\u00e1is cando a Xunta financiaba libros de texto estes vi\u00f1an completos non coa metade das p\u00e1xinas en branco para que as enchesen as docentes. Non nos queira vostede vender unha moto coa metade das pezas\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Se vostede ten alg\u00fan interese en mellorar a calidade da educaci\u00f3n p\u00fablica galega, dende o STEG d\u00e1moslle a receita sen cobrarlle un duro se\u00f1or conselleiro. Aqu\u00ed vai:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; atenci\u00f3n \u00e1 diversidade: \u00e9 tremendamente frustrante ver a centros cunha dotaci\u00f3n insuficiente de PTs e ALs ou memso a alumnado que o precisa con urxencia sen coidadores entre outras moitas cousas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; reduci\u00f3n das ratios: aborden vostedes unha reduci\u00f3n das ratios xa e non en diferido como pretenden facer co acordo da miseria que pretensiosamente se denomina \u201cde medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; volta \u00e1s 21 horas de docencia en Infantil e Primaria e as 18 en Secundaria, Bacharelato e FP que se nos arrebatou no ano 2011 e que recuperaron a pr\u00e1ctica totalidade das CC. AA. do Estado para que este profesorado poida individualizar e coordinar axeitadamente o proceso de ensino-aprendizaxe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; limitaci\u00f3n do inxente papeleo superfluo que resta tempo ao traballo efectivo do profesorado que, este si, ten unha incidencia positiva e real sobre a calidade educativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Preg\u00e1moslle se\u00f1or conselleiro que se rodee e escoite \u00e1 xente de acordo a s\u00faa val\u00eda e non \u00e1 s\u00faa filia, patee vostede o terreo, pise os centros e pregunte se precisan de m\u00e1is docentes ou de m\u00e1is cacharrada tecnol\u00f3xica\u2026 O seu modelo \u00e9 tan ineficiente que non dota nin de horas de reduci\u00f3n suficientes (nin por suposto de ning\u00fan recurso econ\u00f3mico extra) \u00e1s persoas dedicadas \u00e1 coordinaci\u00f3n do E-Dixgal no centro. Cada vez hai m\u00e1is ordenadores pero ningu\u00e9n que mante\u00f1a eses equipos\u2026 un absurdo!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 incomprens\u00edbel que se negue a negociar, e mesmo a recibir, aos representantes das organizaci\u00f3n sindicais que reuniron 16257 firmas (o 54% de todo o profesorado en activo) contra un acordo que segundo a s\u00faa conseller\u00eda mellora o sistema educativo galego e as condici\u00f3ns de traballo deste propio profesorado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">M\u00e1is de 100 mill\u00f3ns de euros en 5 anos ben invertidos dan para mellorar moito, moit\u00edsimo a educaci\u00f3n p\u00fablica galega se\u00f1or conselleiro. Inv\u00e9rtaos en recursos humanos que son sen d\u00fabida o recurso insubstitu\u00edbel e m\u00e1is valioso para mellorar a calidade dun sistema educativo p\u00fablico ao que s\u00f3 acceden as e os mellores profesionais da docencia segundo os principios de publicidade, igualdade, m\u00e9rito e capacidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En definitiva, deixe de entender a educaci\u00f3n como un negocio. \u00a1A educaci\u00f3n \u00e9 un dereito se\u00f1or conselleiro! O dito:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>\u00a1Menos Edixgal e m\u00e1is persoal!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">STEG<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende a campa\u00f1a &#8216;Escuela saludable&#8217; de Ecoloxistas en Acci\u00f3n reproducimos esta carta do STEG dirixida ao conselleiro de Educaci\u00f3n da Xunta de Galicia. Ver orixinal en: https:\/\/www.steg.gal\/Roman-%C2%A1menos-E-Dixgal-e-mais-persoal!\/\u00a0 Rom\u00e1n, \u00a1menos E-Dixgal e m\u00e1is persoal! Carta aberta ao Conselleiro de educaci\u00f3n\u00a0 Prezado Conselleiro, No ano 2010 a s\u00faa Conseller\u00eda botou a andar, como ferramenta dixital para modernizar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":6082,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[186],"tags":[],"class_list":["post-6081","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-recursos-educativos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6081","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6081"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6081\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6085,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6081\/revisions\/6085"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/6082"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6081"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6081"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/escuelasaludable.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6081"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}