O coñecemento científico actual alerta das alteracións da saúde mental e física dun uso excesivo das adictóxenas pantallas e do seu inicio precoz, así como das súas implicacións negativas no desenvolvemento cerebral e no eido académico e da aprendizaxe.
Asociacións de Pediatría, como a Sueca, solicitan eliminar as ferramentas dixitais en preescolar e limitar o seu uso en primaria e secundaria, para primar a interrelación non dixital na aula entre profesorado e alumnado e do alumnado entre si.
UNICEF solicita non introducir pantallas na infancia, e, pasada esta, as principais asociacións pediátricas demandan postergalo o máis posíbel. Ademais, cando a conexión na aula é sen cable o alumnado está exposto, de balde, á contaminación electromagnética de redes WiFi industriais de alta capacidade. Trátase de evitar/atrasar a introdución precoz e disruptiva de ferramentas dixitais as nosas fillas e fillos. Consiste en educar aos nosos fillos e fillas, respectando e atendendo aos seus tempos de maduración, nun uso sobrio, biocompatíbel, sostíbel, ético e crítico, con garantía da súa privacidade. Ver Guía para nais, pais e docentes: “Medrar de forma saudábel nun mundo dixital”. Ver campaña en https://escuelasaludable.org